Arvicola jacobaeus
Arvicola jacobaeus † | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Extinto | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Arvicola jacobaeus † Cuenca−Bescós, Agustí, Lira, Melero−Rubio & Rofes 2010 [1] |
Arvicola jacobaeus é unha especie fósil de mamífero placentario da orde dos roedores, suborde dos miomorfos, superfamilia dos muroideos, familia dos cricétidos e subfamilia dos arvicolinos, unha das integradas no xénero Arvicola.[1]
Descrición
editarA especie foi descrita en 2020 polos investigadores Gloria Cuenca-Bescós, da Universidade de Zaragoza, Jordi Agustí, do Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social de Tarragona, Jaime Lira, da Universidade Complutense de Madrid e María Melero Rubio, da Universidade de Zaragoza.[1][2]
Este descubrimento foi o resultado do achado dun total de 121 pezas dentarias fosilizadas do sitio paleontolóxico plistocénico de Atapuerca.[3][4]
Nome específico
editarO seu nome epecífico provén do treito do Camiño de Santiago que atravesa a serra de Atapuerca e, así mesmo, en honor ao símbolo por excelencia dos peregrinos: unha das especies de vieiras,[3] Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758).[4]
Carecterísticas
editarTrátase dunha rata de auga de 18 a 22 cm de lonxitude, cunha cola de 10 a 14 cm, e de entre os 155 e os 300 g de peso. O equipo de investigación que a descubriu confirmou que se trataba da rata de auga máis antiga, de 1,2 millóns de anos de antigüidade.[1][5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Cuenca−Bescós, G., Agustí, J., Lira, J., Melero−Rubio, M., and Rofes, J. (2010): "A new species of water vole from the early Pleistocene of Southern Europe". Acta Palaeontologica Polonica 55 (4): 565–580. (Texto completo).
- ↑ Arvicola jacobaeus: Origen y evolución de la rata de agua en Europa en aragosaurus.blogspot.com. Universidade de Zaragoza (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 ¡¡¡Ratas!!! Pero de agua, en Ojo de Darwin.
- ↑ 4,0 4,1 Pecten jacobaeus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
- ↑ Descubren la rata de agua más antigua en SinC.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cuenca−Bescós, G., Agustí, J., Lira, J., Melero−Rubio, M., and Rofes, J. (2010): "A new species of water vole from the early Pleistocene of Southern Europe". Acta Palaeontologica Polonica 55 (4): 565–580.