Arthur Owen
Arthur Owen, nado en Lambeth (Londres) o 23 de marzo de 1915 e finado en Vilamoura (Portugal), o 27 de abril de 2002[1], foi un piloto de carreiras inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1915 Londres, Reino Unido |
Morte | 27 de abril de 2002 (87 anos) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarParticipou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o Gran Premio de Italia de 1960, pilotando un Cooper privado de 2.2 litros. tivo un accidente na primeira volta da carreira na curva sur (South Corner), debido a un fallo nos freos,[2] retirouse con danos na suspensión e non logrou puntos de campionato.
O 17 de outubro de 1955, Arthur Owen, Jim Russell e William Knight pilotaron un automóbil deportivo Cooper "Bobtail" no Autódromo de Montlhéry para establecer trece récords de velocidade e distancia internacionais na Clase G neste óvalo peraltado. Owen logrou novas marcas en Monza en Italia.[3]
O 5 de setembro de 1959, pilotando un Cooper-Climax, Owen fixo o mellor tempo do día nos Brighton Speed Trials.[4] En 1962, Owen gañou o British Hill Climb Championship ao volante dun Cooper-Climax T53,[5] preparada polo compañeiro e rival de equipo de Patsy Burt de PMB Garages. Arthur Owen competiu no Gran Premio de Macau en 1962 nun monopraza de Cooper, clasificándose na pole position pero estrelándose no inicio da carreira.[6] Terminou terceiro no primeiro Gran Premio do Xapón, realizado en Suzuka o 3 e 4 de maio de 1963, pilotando un automóbil Lotus 23.[7]
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | Arthur Owen | Cooper T45 | Climax 4 en liña | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR | ITA Ret |
USA | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Motor Sport, outubro de 1960, Page 827.
- ↑ Cooper Cars, by Doug Nye, MotorBooks/MBI Publishing Company, 2003.
- ↑ The Autocar, 11 de setembro de 1959, Page 191; Motor Sport, outubro de 1959, Page 795.
- ↑ Motor Sport, outubro de 1962, Page 781.
- ↑ Colour and Noise, by Philip Newsome, Pages 71-72.
- ↑ Motor Sport, xuño de 1963, Page 448.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arthur Owen |
Bibliografía
editar- Owen, Arthur (1959): The Racing Coopers. Cassell, 243 páxinas.