Arsenal F.C.

club de fútbol inglés da cidade de Londres
(Redirección desde «Arsenal Football Club»)

O Arsenal Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Londres. Fundado en 1886, xoga na Premier League, sendo un dos equipos con máis trofeos obtidos dese país. O Arsenal gañou trece ligas inglesas, dez Copas de Inglaterra e na tempada 2005-2006, chegaron á final da Liga de Campións da UEFA, onde foron derrotados polo FC Barcelona. O Arsenal tamén foi membro do extinto grupo G-14 e é coñecido co alcume de Gunners.

Arsenal
NomeArsenal Football Club
Alcume(s)Gunners
Fundación1886
EstadioEmirates Stadium,
Londres, Inglaterra
Inauguración22 de xullo de 2006
Capacidade60.355
AdestradorEspaña Mikel Arteta
LigaPremier League
2019–20
VestimentaAdidas
PatrocinadorEmirates
Na rede
http://www.arsenal.com/
Facebook: Arsenal Twitter: Arsenal Instagram: arsenal LinkedIn: 1967036 Youtube: UCpryVRk_VDudG8SHXgWcG0w Pinterest: TheArsenal TikTok: arsenal Genius: Arsenal-fc Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Arsenal foi fundado en Woolwich, no sueste de Londres, en 1886, mais en 1913 movéronse cara a parte norte da cidade, en Highbury. En maio de 2006 deixaron Highbury para xogar os seus partidos de local no novo Emirates Stadium, en Islington. O Arsenal ten unha vella rivalidade cos seus veciños de Tottenham, o Tottenham Hotspur, a cal se denomina Derby do Norte de Londres.

Historia

editar

Fundación

editar
 
O Royal Arsenal en 1888.

O Arsenal foi orixinalmente chamado Dial Square, trocando máis tarde o seu nome a Woolwich Arsenal e logo a Royal Arsenal, porén, despois volveu á denominación de Woolwich Arsenal (os fundadores eran empregados na área "Dial Square" de Woolwich Arsenal, unha fábrica de armamentos en Woolwich, ao sur de Londres). En 1893 foi o primeiro equipo do sur de Londres en ser admitido na Football League e dende 1893 a 1904, o Woolwich Arsenal xogou na Segunda División da mesma, até lograr o ascenso á Primeira División. O Woolwich Arsenal descendeu en 1913, o mesmo ano que se mudou dende o seu fogar do sur de Londres ao Arsenal Stadium (usualmente coñecido como Highbury), no norte da cidade. A súa mudanza dese lugar precipitou que o Charlton Athletic se profesionalizase. A mudanza veu acompañada por un novo troco no nome, pasando a ser "The Arsenal". Ademais o club retornou á Primeira, entón, un feito único en Inglaterra.

Neste período de retorno á primeira división o equipo non o pasou ben e, as súas primeiras tres tempadas, estiveron a piques de ser as últimas para o conxunto, que drasticamente xornada tras xornada víase máis acabado, aínda que no ámbito da Copa marchaba ben, incriblemente na liga non era o mesmo, a este período coñecéuselle como "black estafes" sendo un dos peores tempos na historia deste cadro. Con todo, tres tempadas despois, en Highbury, respirábase xa unha certa tranquilidade grazas á estabilidade do equipo, que para ese entón empezábase a acomodar nun lugar máis seguro dentro do torneo, aínda que nese entón equipos como Liecester City ou o Milwall relegábano de postos altos, co cal se cría que adquiriría certa rivalidade, algo que nunca ocorreu.

1930-1960

editar
 
Busto de Herbert Chapman no Arsenal Stadium.

En 1925 o adestrador do Huddersfield Town, Herbert Chapman, chegou a "The Arsenal" e baixo o seu liderado a estación do metro local, Gillespie Road, pasou a chamarse Arsenal. O Arsenal de Chapman gañou a FA Cup en 1930 e a liga en 1931 e 1933; foi ademais, o equipo dominante de Inglaterra nos anos 30. Tamén durante a era de Chapman o club pasou a chamarse soamente Arsenal, eliminando o artigo "The". Algúns especularon dicindo que Chapman instigou en quitar o artigo para que o equipo estivese ao comezo da lista alfabética da liga, unha posición que mantén até hoxe. Chapman morreu repentinamente en xaneiro de 1934, pero o seu legado foi continuado polo seu sucesor, George Allison, que gañou o terceiro título de liga para Arsenal, xunto coa Copa FA de 1936. Tal era a supremacía do Arsenal que en novembro de 1934, sete xogadores do Arsenal foron titulares na vitoria de Inglaterra por 3-2 a Italia, nese entón campión do mundo.

Na pausa por mor da guerra en 1939 o Arsenal Stadium foi utilizado como unha estación da Air Raid Precautions, organización para protexer aos civís do perigo das bombas estratéxicas. O estadio continuou operando como estadio de fútbol para as forzas armadas, usualmente xogaban dous ou tres partidos cada día. Durante os bombardeos, unha bomba caeu na tribuna norte, destruíndo a azotea desa parte. Así pois o Arsenal pasou a xogar os seus partidos de local no estadio White Hart Lane, por cortesía dos seus eternos rivais, o Tottenham Hotspur. Despois da guerra, a directiva do Arsenal regalou un canón aos directivos do Tottenham, como mostra de agradecemento pola axuda prestada. A guerra con todo, tamén significou un corte para as carreiras de moitos xogadores estrelas do club, así que na continuación da liga en 1946-47, o club finalizou en décimo terceiro lugar. Allison foi substituído por Tom Whittaker, que gozou de éxito inmediato, gañando a liga en 1948 e 1953, ademais da FA Cup de 1950. Porén, despois deses títulos, o club viviu un período en branco, permanecendo sen gañar un título en dezasete anos. A lenda inglesa Billy Wright dirixiu o club entre 1962 e 1966 con mediano éxito, mais foi sucedido polo fisioterapeuta Bertie Mee, que lideraría o club no seu éxito de comezos dos anos 70.

1970-1980

editar
 
Escudo do Arsenal dende 1949 até 2002.

A chegada de Mee significou para o Arsenal un período de gloria. O equipo filial que gañara a Copa Xuvenil FA en 1966, e xogadores como Charlie George, John Radford e Ray Kennedy subiron ao primeiro equipo, alcanzando dúas finais consecutivas da League Cup a finais dos 60, aínda que a segunda foi unha derrota por 3-1 ante un equipo da Terceira División, o Swindon Town. O Arsenal finalmente volveu á senda do éxito en 1970, ao gañar o seu primeiro trofeo europeo, a Copa de Feiras, despois de derrotar ao Ajax (un dos equipos máis fortes do mundo nese entón) en Ámsterdan nas semifinais e ao R.S.C. Anderlech de Bélxica na final, gañando por 4-3 no global da eliminatoria, despois de perder 3-0 no partido de ida. O máis destacable neste período foi o primeiro "dobrete" do club, gañando a Liga e a FA Cup en 1970-71. Aquel título de liga foi gañado en White Hart Lane ante o Tottenham Hotspur na última xornada de liga; cinco días máis tarde o Arsenal derrotaba por 2-1 ao Liverpool na final da copa en Wembley despois da prórroga, gañando cun gol de Charlie George. O Arsenal fallou en capitalizar o seu éxito e pasou a maioría dos anos de mediados de 1970 na metade da táboa e mesmo quedando en último lugar da liga na tempada 1972, brillando só coa aparición da superestrella irlandesa Liam Brady. Con todo, cara ao final da década, baixo a dirección de Terry Neil, o Arsenal probou a súa valía na FA Cup. Entre 1978 e 1980 o Arsenal alcanzou tres finais de Copa consecutivas, Gañando unha batendo ao Manchester United por 3-2 na final (1979), despois de ir perdendo por 2-0. Alan Sunderland anotou o terceiro gol para lograr unha vitoria lembrada até hoxe. O Arsenal perdeu a seguinte final da Copa FA fronte ao West Ham United, e a final da Recopa de Europa por penaltis fronte ao Valencia. Despois do partido de Liam Brady contra a Juventus, o equipo iniciou outro período estéril durante a primeira metade dos anos 80.

Os anos de George Graham

editar
 
O Arsenal en 1992.
 
Highbury.

Ao final da tempada 1985-86 o adestrador de Milwall, George Graham, foi contratado polo Arsenal como novo técnico, o que significaría o inicio dunha era de ouro en Highbury. Levou ao club á vitoria sobre o Liverpool na final da League Cup durante a súa primeira tempada no cargo, e ao final da súa terceira tempada (1988-89) o club gañou o seu primeiro título de liga dende 1971 nun dramático final: precisaba dous goles para asegurar o campionato contra o Liverpool, e co tempo de xogo xa cumprido o centrocampista Michael Thomas conseguia meter o segundo gol, o cal significaba o título (curiosamente Thomas xogaría máis tarde no Liverpool).

Outro título de liga veu en 1991, co Arsenal perdendo só un dos seus 38 partidos de liga. Con todo tivo unha sanción onde perdeu dous puntos en outubro de 1990, despois de que dez dos seus xogadores se visen envolvidos nunha liorta contra xogadores do Manchester United nun partido en Old Trafford. A comezos dos anos 90, o Arsenal tiña probablemente o mellor cadro da liga inglesa: o porteiro David Seaman, o defensa e capitán Tony Adams, o mediocampista Paul Merson e o dianteiro Alan Smith, foron capaces de competir con calquera dos mellores xogadores de Inglaterra e Europa. A fichaxe por 2,5 millóns de libras do dianteiro do Crystal Palace, Ian Wright en outubro de 1991, mellorou aínda máis o equipo. O Arsenal completou un "dobrete" de FA Cup e League Cup en 1993, derrotando ao Sheffield Wednesday por 2-1 en ambas finais, aínda que finalizaron décimos na primeira edición da Premier League (nova denominación da Primeira División), marcando apenas 40 goles sendo así o equipo menos goleador da tempada.

No ano 1994 o club gañou o seu segundo trofeo europeo, ao derrotar por 1-0 ao Parma na final da Recopa cun gol de Alan Smith. Con todo, no mes de febreiro, George Graham foi despedido despois de nove anos no cargo despois de que se descubrise que aceptara un pago ilegal de 425.000 libras do axente sueco Rune Hauge na adquisición do mediocampista danés John Jensen. O seu asistente Stewart Houston tomou o cargo até o fin da tempada, e aínda que o Arsenal finalizou duodécimo na liga, alcanzou a final da Recopa outra vez (perdendo 2-1 cun gol no último minuto ante o Zaragoza).

O "interregnum"

editar

Bruce Rioch, que guiara ao Bolton Wanderers á final da Copa da liga e ao retorno á división de honra despois de quince anos de ausencia, foi contratado como novo técnico na tempada 1995-96. Con el superouse o récord de pago por unha transferencia en Inglaterra, ao pagar 7,5 millóns de libras polo dianteiro neerlandés Dennis Bergkamp do Inter de Milán. Este dianteiro faría unha impresionante dupla con Ian Wright. O Arsenal alcanzou a semifinal da Copa da Liga e finalizou quinto na Premier League en 1995-96, asegurando un lugar na seguinte edición da Copa da UEFA e alimentando a ilusión dun eventual título naquela competición. Mais en agosto de 1996, xusto antes de empezar a nova tempada, Brioch foi despedido pola directiva do club despois dunha disputa sobre fondos. O seu asistente Stewart Houston foi unha vez máis posto temporalmente no cargo por un mes, antes que asinase contrato co Queens Park Rangers. O adestrador do equipo xuvenil Pat Rice fíxose cargo do equipo por varios partidos, ata que se oficializou a contratación do adestrador francés de 44 anos Arsène Wenger, que levara ao AS Monaco a gañar a liga francesa en 1988.

O Arsenal de Wenger

editar
 
Os xogadores e afeccionados do Arsenal celebran o seu título de 2004 cun autobús de teito descuberto.
 
O capitán do Arsenal, Patrick Vieira, alza o trofeo da FA Premier League 2003-2004.

Coa chegada de Wenger, o Arsenal reconstruíu o cadro con varios xogadores franceses descoñecidos, excepto para o novo adestrador: Nicolas Anelka, Emmanuel Petit e Patrick Vieira, así como o volante neerlandés Marc Overmars. Ademais Wenger retivo algúns dos antigos xogadores como Tony Adams, Le Dixon, Martin Keown e Steve Bould, ademais de a Pat Rice como o seu asistente. O equipo inmediatamente mellorou baixo a tutela de Wenger, finalizando terceiro e asegurando un lugar na Copa da UEFA en 1996-97. Wenger gañou o seu primeiro título de liga na seguinte tempada, sendo o primeiro estranxeiro en logralo, gañando ademais a FA Cup tras derrotar por 2-0 ao Newcastle United na final, sendo este un "dobrete" máis no palmarés do Arsenal.

A pesar da chegada de Fredrik Ljunberg en 1998 e Thierry Henry un ano máis tarde, chegaría un novo período de derrotas nos anos seguintes. Na tempada 1998-99 o Arsenal perdeu o título de liga na última xornada, despois de liderar case todo o campionato, e ademais perdeu en semifinais da FA Cup ante o Manchester United na prórroga, despois de que Dennis Bergkamp fallase un penalti. Tamén perdeu a final da Copa da UEFA do ano 2000 nos penaltis ante o Galatasaray de Turquía despois dun empate sen goles, e caeu na final da FA Cup de novo, esta vez ante o Liverpool por 2-1 con dous goles de Michael Owen despois de ir gañando gran parte do partido por 1-0.

O Arsenal recuperouse na tempada 2001-02, ao gañar un novo dobrete. Finalizou con sete puntos de vantaxe sobre o Liverpool, asegurándose o título no penúltimo partido da tempada cun 1-0 sobre o Manchester United en Old Trafford. A semana anterior, o Arsenal gañara a final da FA Cup ao derrotar por 2-0 ao Chelsea F.C. O equipo anotou goles en todos os partidos da liga e non perdeu ningún dos seus 19 partidos como visitante. O Arsenal de Wenger retivo o título de Copa FA o ano seguinte, mais o seu éxito viuse minimizado tras perder o título da Premier League en beneficio do Manchester United, despois de chegar a ter oito puntos de vantaxe. A perda do título concretouse no penúltimo partido da liga, ao perder por 3-2 ante o Leeds United en Highbury, cun agónico gol do australiano Mark Viduka.

A tempada 2003-04 Arsenal rompeu un récord, ao ser o primeiro equipo en gañar a liga invicto (26 vitorias, 12 empates, 0 derrotas) dende o título que conseguira o Preston North End en 1889. Os seus rivais polo título vingáronse noutras competicións, xa que o Chelsea eliminounos na Liga de Campións da UEFA e o Manchester United na FA Cup. A súa serie de imbatibilidade rompeuse en Old Trafford contra o Manchester cun resultado final de dous a cero. O penalti sinalado a favor dos Red Devils creou unha gran polémica en Inglaterra e contribuíu a aumentar a rivalidade entre estes dous equipos. O Arsenal conseguiu a marca da Premier League con 49 partidos sen perder, de aí o alcume "The Invincibles".

Unha das débedas do equipo de Wenger co seu público eran as actuacións na UEFA Champions League, competición na que só lograra chegar a cuartos de final. Na edición 2005-06 o equipo londiniense clasificouse, logo de vencer a Real Madrid (1-0), Juventus (2-0) e Villarreal (1-0), á final contra o Barcelona xogada o 17 de maio de 2006 en París, mais finalmente perdeu por 2-1. Un dos baluartes do equipo nesta época foi Thierry Henry, único xogador en gañar o título de Mellor Xogador da Premier League por tres anos consecutivos. Gran parte dos xogadores estrela do equipo mantivéronse fieis ao club e ao seu adestrador, rexeitando millonarias ofertas de equipos como o Real Madrid e o Manchester United. Grazas ao seu éxito, Arsène Wenger agora é considerado por algúns como o mellor adestrador do Arsenal de tódolos tempos, mentres outros entusiastas pono á vez con Herbert Chapman, Bertie Mee e George Graham.

Escudo e cores

editar
 
Actuais cores do Arsenal.

O Arsenal viste unha camiseta vermella con mangas brancas e pantalóns brancos, en recoñecemento a unha doazón caritativa do Nottingham Forest. Os fundadores do club, F. W. Beardsley e A. J. Bates, foran xogadores do Forest que se mudaran a Woolwich a traballar. Cando fundaron o club naquel lugar, non tiñan equipamento, entón escribiron unha nota á directiva do Nottingham Forest para obter axuda, e recibiron de agasallo un equipo completo e unha pelota.

O uniforme orixinalmente foi vermello completo, mais dun vermello case púrpura. En 1933 Herbert Chapman, querendo ver aos seus xogadores vestidos dunha maneira máis orixinal, actualizou o uniforme agregándolle mangas e pantalóns brancos, e aclarando o vermello. O equipo vestiu así dende entón, con excepción do período entre os anos 1965 e 1967, onde se volveu a usar un equipamento vermello completo e na tempada 2005-06, por ser a última tempada na que o Arsenal xogou en Highbury, volvendo a camiseta do equipo a ser vermello escuro, en conmemoración do equipamento que utilizou por primeira vez naquel estadio en 1913. A cor é similar ao que usa o Sparta de Praga, que á súa vez inspirou o seu equipamento no do Arsenal de 1906. O equipo retornou ás súas cores usuais na tempada 2006-07.

As cores de reserva foron tradicionalmente unha camiseta amarela e pantalóns azuis, aínda que usou a comezos dos anos 1980 un uniforme verde e azul mariño. Dende a década de 1990, xunto coa chegada do lucrativo negocio da venda de camisetas, as cores de reserva cambiaron de tempada en tempada, usando algunhas veces azul completo e outras veces amarelo. Actualmente úsase un uniforme con camiseta, pantalón e medias azul mariño.

 
Primeiro escudo do Royal Arsenal, 1888.

O primeiro escudo do Royal Arsenal en 1888, mostraba tres canóns orientados cara a arriba, do mesmo xeito que o escudo do Woolwich. En 1922, o club adoptou o primeiro escudo cun só canón, apuntando cara ao leste. Este escudo só foi usado até 1925, cando ao canón cambióuselle de orientación cara ao oeste, figurando á esquerda do mesmo figuraba o alcume do equipo, The Gunners.

En 1949 o equipo cambiou outra vez o seu escudo, esta vez co mesmo estilo de canón, pero co nome do equipo en letra gótica sobre o canón e a lenda en latín "Vitoria Concordia Crescit" (en galego: A vitoria vén da harmonía). Por primeira vez o escudo viña con cores, neste caso en vermello, verde e dourado.

No ano 2002 o Arsenal introduciu un moderno novo escudo con liñas curvas e un estilo simplificado. O canón cambiou outra vez de orientación cara ao leste e a cor verde foi substituída por un azul escuro e eliminando a lenda "Vitoria Concordia Crescit". O novo escudo recibiu unha resposta crítica de moitos seguidores, e a Asociación Independente de Afeccionados do Arsenal afirmou que o club fixo caso omiso da maior parte da historia do Arsenal e que os afeccionados non foran adecuadamente consultados sobre o tema.

Estadio

editar
 
Sector norte do Arsenal Stadium.
 
O Emirates Stadium na despedida de Dennis Bergkamp.
Artigos principais: Emirates Stadium e Arsenal Stadium.

O Arsenal Stadium, coñecido maioritariamente como Highbury, foi a casa do Arsenal dende setembro de 1913 até maio de 2006. O estadio orixinal foi construído polo coñecido arquitecto Archibald Leitch, cun deseño común con moitos estadios do Reino Unido dese tempo. Na década de 1930, o estadio foi renovado completamente, sendo construídas novas bancadas e teitos. Neste momento Highbury podía albergar ao redor de 30.000 persoas, número que medrou até 57.000 nos primeiros anos da década de 1990.

O Informe Taylor, ditado polo goberno de Margaret Thatcher para erradicar o fenómeno do "hooliganismo" e mellorar a seguridade nos estadios, por mor da Traxedia de Hillsborough e as regulacións da FA Premier League forzaron ao Arsenal a ter que colocar asentos en todo o estadio en 1992, reducindo a súa capacidade a 38.500 persoas. Capacidade que se vía aínda máis reducida cando se xogaban no estadio partidos da Liga de Campións da UEFA, debido á necesidade de acomodar valos publicitarios adicionais, o que provocou que durante dúas tempadas (1998-99 e 1999-00) o Arsenal xogase os partidos de local da Liga de Campións no Estadio de Wembley, que podía albergar máis de 70.000 persoas. Ademais as posibilidades de expansión de Highbury eran moi difíciles, xa que tres sectores do estadio estaban moi preto de zonas residenciais e o sector leste protexido por ser unha construción de especial interese no Reino Unido.

Estas limitacións na capacidade de Highbury levaron a que no ano 1999 o Arsenal se decidise a construír un novo estadio que puidese albergar 60.000 persoas en Ashburton Grove, a uns 500 metros ao suroeste de Highbury, chamado Emirates Stadium. O Emirates Stadium foi finalizado para o comezo da tempada 2006-07, sendo inaugurado co partido de despedida do gran emblema e xogador deste equipo, o neerlandés Dennis Bergkamp, entre o Arsenal e o Ajax de Ámsterdan, que terminou en vitoria para o primeiro por 2 a 1. O Emirates Stadium foi chamado así despois de que se asinase un contrato coa empresa de liñas aéreas Emirates por 100 millóns de libras, o contrato deste tipo máis grande na historia de Inglaterra. Como parte deste acordo o estadio chamarase Emirates Stadium até o ano 2021, e a aeroliña será o patrocinador da camiseta do Arsenal dende 2006 até o final da tempada 2013-14.

Seareiros

editar
 
Festexo dun título.
 
Seareiros do Arsenal no Emirates Stadium.

Os seguidores do Arsenal refírense a miúdo a si mesmos como "Gooners", derivando o nome deriva do alcume do equipo, "The Gunners". A número de seareiros do club é grande e, en xeral, leais, enchendo o estadio en practicamente tódolos enfrontamentos do Arsenal como local. Na tempada 2007-08 o Arsenal tivo a segunda asistencia media máis alta da liga inglesa con 60.070 espectadores, o que supón o 99,5% da capacidade dispoñible. A situación do club, xunto ás rexións máis favorecidas como Canonbury e Barnsbury, zonas mixtas, como Islington, Holloway, Highbury, e o distrito londiniense de Camden e gran parte de barrios obreiros como Finsbury Park ou Stoke Newington, significa que os seareiros do Arsenal proceden de tódalas clases. Ademais, o Arsenal ten a proporción máis alta (7,7%) de xente coa cor de pel non branca de calquera club do fútbol inglés segundo un informe de 2002.[1]

Como tódolos grandes clubs do fútbol inglés o Arsenal ten un número de peñas, incluíndo o "Arsenal Football Supporters Club", que traballa en estreita colaboración co club, e a "Arsenal Independent Supporters' Association", que mantén unha liña máis independente. Ademais, o "Arsenal Supporters' Trust" promove unha maior participación da propiedade do club de fans. Os seareiros do club tamén publican fanzines como The Gooner, Highbury High, Gunflash e menos cerebral Up The Arse!. Ademais dos habituais cánticos de fútbol inglés, os afeccionados adoitan cantar "One-Nil to the Arsenal" (coa melodía "Go West" dos Village People) e "Boring, Boring Arsenal", que adoitaba ser un insulto común seareiros rivais, mais agora é cantada polos propios "Gooners" do Arsenal, ironicamente, cando o equipo está a xogar ben.

O Arsenal ademais sempre tivo seareiros fóra da cidade de Londres, e dende a chegada da televisión por satélite, os seguimento do club volveuse aínda menos dependente da xeografía. En consecuencia, o Arsenal ten un número importante de afeccionados en todo todo o mundo, en 2007 tiña 24 peñas afiliadas no Reino Unido, 37 en Irlanda e 49 fóras das Illas Británicas. Un informe do ano 2005 de Selecta Ventures, que nese momento posuía unha participación do 9,9% no club, estimou o número de fans en todo o mundo en 27 millóns.

Rivalidade

editar

A máis longa e máis profunda rivalidade do Arsenal é cos seus veciños máis próximos do Tottenham Hotspur, sendo coñecidos os encontros entre os dous como o Derby do Norte de Londres. Ademais posúe certa rivalidade cos outros equipos da cidade como por exemplo o Chelsea, o Fulham ou o West Ham United. Ademais, durante a década de 1980 desenvolveu unha forte rivalidade co Manchester United, intensificada nos últimos anos, xa que ambos equipos adoitan competir polo título da Premier League. Nunha enquisa de 2003 realizada aos seareiros do club, foron elixidos como os rivais máis grandes do Arsenal o Manchester United, seguido polo Tottenham e o Chelsea. Con todo unha enquisa de 2008 sinalaba como a rivalidade máis importante a do Tottenham.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar

Cadro actualizado a 5 de novembro de 2019.[2]

Posto País Xogador
1 POR   Bernd Leno
2 DEF   Héctor Bellerín
3 DEF   Kieran Tierney
5 DEF   Sokratis Papastathopoulos
8 MED   Dani Ceballos
9 DIA   Alexandre Lacazette
10 MED   Mesut Özil
11 DIA   Lucas Torreira
14 DIA   Pierre-Emerick Aubameyang
15 MED   Ainsley Maitland-Niles
16 DEF   Rob Holding
19 DIA   Nicolas Pépé
20 DEF   Shkodran Mustafi
21 DEF   Calum Chambers
Posto País Xogador
23 DEF   David Luiz
24 DIA   Reiss Nelson
26 POR   Emiliano Martínez
27 DEF   Konstantinos Mavropanos
28 MED   Joe Willock
29 MED   Matteo Guendouzi
30 DIA   Eddie Nketiah
31 DEF   Sead Kolašinac
32 MED   Emile Smith Rowe
33 POR   Matt Macey
34 MED   Granit Xhaka
35 DIA   Gabriel Martinelli
77 MED   Bukayo Saka

Palmarés

editar

Os trece Campionatos de Liga do Arsenal supoñen a terceira marca máis grande do fútbol de inglés, despois do Liverpool e Manchester United, mentres que as súas dez Copas de Inglaterra son o segundo número máis alto, despois do Manchester United. O Arsenal ademais logrou tres dobretes de Liga e a FA Cup (en 1971, 1998 e 2002), fito compartido tamén co United, e en 1993 foi o primeiro equipo do fútbol inglés en completar a FA Cup e League Cup nun mesmo ano. Foi así mesmo, o primeiro club de Londres en chegar ao final da Liga de Campións da UEFA (2006).

Nacional

editar
  • FA Cup: 12
    • 1929–30, 1935–36, 1949–50, 1970–71, 1978–79, 1992–93, 1997–98, 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2013–14, 2014-15
  • League Cup: 2
    • 1986–87, 1992–93
  • FA Community Shield (FA Charity Shield até o ano 2002): 13 (12 pleno dereito, 1 compartida)
    • 1930, 1931, 1933, 1934, 1938, 1948, 1953, 1991 (compartida), 1998, 1999, 2002, 2004, 2014

Europeo

editar

Dobretes e tripletes

editar

As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un dobrete ou triplete. O Liverpool até o momento non gañou ningunha copa a nivel mundial, como por exemplo a Copa Intercontinental.

Xogos contra equipos galegos

editar

Dous equipos galegos enfrontáronse ao Arsenal en partido oficial algunha vez na historia, o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña, con diversos resultados. O primeiro encontro do Arsenal cun equipo galego ocorreu durante a eliminatoria de oitavos de final da Copa da UEFA da tempada 1999-00, onde o deportivo quedou practicamente eliminado tralo partido de ida en Londres tras perder por 5-1. Dous anos despois os dous equipos volveron a coincidir na segunda fase de grupos da Liga de Campións, gañando os coruñeses os dous partidos, clasificándose logo finalmente cara a seguinte rolda. En canto ao Celta, o Arsenal foi o equipo que o botou da competición na súa única participación até o momento na Liga de Campións (2003-04), tras perder os de Vigo os dous partidos que os enfrontaban en oitavos de final.[3]

Data Competición Lugar Equipo Local Goles Resultado Goles Equipo Visitante
02-03-2000 Copa da UEFA Highbury, Londres   Arsenal Dixon 4'
Henry 29'
Henry 67'
Kanu 77'
Bergkamp 85'
5 - 1
Djalminha 54'   Deportivo da Coruña
09-03-2000 Copa da UEFA Riazor, A Coruña   Deportivo da Coruña Víctor 69'
Iván 92'
2 - 1
Henry 63'   Arsenal
21-11-2001 Liga de Campións Riazor, A Coruña   Deportivo da Coruña Makaay 8'
Diego Tristán 24'
2 - 0
  Arsenal
12-03-2002 Liga de Campións Highbury, Londres   Arsenal
0 - 2
Valerón 31'
Naybet 39'
  Deportivo da Coruña
24-02-2004 Liga de Campións Balaídos, Vigo   Celta de Vigo Edu Schmidt 26'
José Ignacio 64'
2 - 3
Edu Gaspar 17'
Edu Gaspar 57'
Pirès 79'
  Arsenal
10-03-2004 Liga de Campións Highbury, Londres   Arsenal Henry 13'
Henry 34'
2 - 0
  Celta de Vigo
  1. Soccer violence declining say fans
  2. "First Team Players". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 03 de febreiro de 2010. 
  3. "News Archive". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 04 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar