Arroz salvaxe
Zizania | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grans de Zizania palustris (arroz salvaxe) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
O arroz salvaxe é o nome común dado a moitas das especies do xénero Zizania, xénero botánico pertencente á familia Poaceae. Orixinario de Eurasia e América do Norte. Pode atoparse hoxe en día nos supermercados xunto co arroz verdadeiro.
Clasificación do xénero
editarSistema | Clasificación | Referencia |
---|---|---|
Linné | Clase Monoecia, orde Hexandria | Species plantarum (1753) |
Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Zizania é o nome dun xénero botánico, orde Gramineae, clase Monocotyledones con estames hipoxínicos (cando os estames se inseren no receptáculo da flor baixo o nivel do ovario).
O xénero Zizania está composto de catro especies chamadas popularmente de arroz salvaxe, pertencentes ao grupo das gramíneas, que medran en augas superficiais de lagoas, lameiros e brañas. Frecuentemente, só a espiga aparece fóra da auga. O arroz verdadeiro (xénero Oryza), tamén é unha gramínea e as dúas especies están emparentadas, dividindo a tribo Oryzeae.
Tres especies son nativas de América do Norte e unha de Asia:
- Arroz salvaxe común (Zizania aquatica), planta anual nativa do Río San Lourenzo, costa do Atlántico e costa do Golfo de San Lourenzo;
- Arroz salvaxe do norte (Zizania palustris), tamén anual, medra nos Grandes Lagos;
- Arroz salvaxe de Texas (Zizania texana) é unha planta perenne, atópase soamente nunha pequena área ao longo do Río San Marcos, no estado de Texas, en perigo de extinción por danos ao hábitat e polución;
- Arroz salvaxe da Manchuria (Zizania latifolia, tamén chamado incorrectamente de Zizania caduciflora), planta perenne, da China, onde practicamente desapareceu das áreas nativas da Manchuria, sobrevivindo en cultivos comerciais. Introduciuse tamén accidentalmente en Nova Zelandia, onde se considera especie invasora.
Uso como alimento
editarAs sementes das dúas especies anuais son as que máis se cultivan. Os indios de América do Norte apañábanas remando coas súas canoas entre as touceiras, entre dúas persoas, coma se fose un ritual, apañando os cachos con bastóns de madeira. Tiñan o coidado de limitar o tamaño dos bastóns para que algunhas sementes caísen, garantindo así as colleitas futuras. Moitas tribos consideraban o manoomin, como o chamaban, sagrado na súa cultura.
Na China, no entanto, onde foi noutrora un alimento importante, perdeu importancia co aumento da poboación e a perda do seu hábitat, que se converteu en leiras de arroz común. O uso do gran practicamente desapareceu, aínda que se continúa a cultivar coma verdura, consómense as puntas e a espiga moscada por fungos, sendo un vexetal popular en Asia co nome de gaosun, coba, makomo ou bambú de auga.
O arroz salvaxe é rico en proteínas, aminoácidos, lisina e fibras, con baixo contido de graxas. Do mesmo xeito ca o arroz verdadeiro, non contén glute, polo que é axeitado para dietas celíacas. É tamén unha boa fonte de fósforo e potasio, e de vitaminas, tiamina, riboflavina e niacina. Por causa do seu valor nutricional, o seu consumo popularizouse a finais do século XX e comezos do XXI, producíndose no Canadá, en California e en Minnesota, en cultivos irrigados ou naturais.
Lista completa de Especies
editar- Zizania aquatica L.
- Zizania aquatica var. angustifolia Hitchc.
- Zizania aquatica subsp. angustifolia (Hitchc.) Tzvelev
- Zizania aquatica var. aquatica
- Zizania aquatica var. brevis Fassett
- Zizania aquatica subsp. brevis (Fassett) S.L. Chen
- Zizania aquatica var. interior Fassett
- Zizania aquatica var. latifolia (Griseb.) Kom.
- Zizania aquatica var. subbrevis B. Boivin
- Zizania aquatica var. angustifolia Hitchc.
- Zizania aristata (Retz.) Kunth
- Zizania bonariensis Balansa & Poitr.
- Zizania caduciflora (Turcz. ex Trin.) Hand.-Mazz.
- Zizania ciliata (Retz.) Spreng.
- Zizania clavulosa Michx.
- Zizania dahurica Turcz. ex Steud.
- Zizania effusa Sm.
- Zizania fluitans Michx.
- Zizania interior (Fassett) Rydb.
- Zizania latifolia (Griseb.) Turcz. ex Stapf
- Zizania lenticularis (Michx.) Steud.
- Zizania mezii Prod.
- Zizania microstachya Nees ex Trin.
- Zizania miliacea Michx.
- Zizania mutica Larrañaga
- Zizania palustris L.
- Zizania palustris var. interior (Fassett) Dore
- Zizania palustris subsp. interior (Fassett) S.L. Chen
- Zizania palustris var. palustris
- Zizania palustris var. interior (Fassett) Dore
- Zizania subtilis (Tratt.) Raspail
- Zizania terrestris L.
- Zizania texana Hitchc.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Arroz salvaxe |