Arquitectura orgánica
O organicismo arquitectónico,[1] arquitectura orgánica[2] ou arquitectura organicista[3][4] é a concepción arquitectónica baseada na convicción de que a arte debe imitar á natureza. Considera principalmente os edificios como organismos que deben adaptarse ao medio natural inmediato que os rodea. Por iso, favorece a interrelación entre o exterior e o interior, é dicir, potencia a harmonía entre o hábitat natural e o humano.[5] O termo foi suxerido por Frank Lloyd Wright.[6] a mediados do século XX foi empregado tamén o termo urbanismo organicista, con certos matices de significado.[7]
Este movemento arquitectónico deriva do funcionalismo, que subordina a forma dunha construción á súa función e necesidades, porén hai exemplos de organicismo moi diversos, algúns de concepcións opostas ao racionalismo, outra rama contemporánea da arquitectura moderna que derivou do funcionalismo. O organicismo ten formalmente certa conexión coa evolución do modernismo ibérico (non confundir co termo modernism anglosaxón) e os movementos do Art Nouveau e o Arts & Crafts.[8][9][10][11]
Conceptos
editarNo século XIX había unha preocupación polo estilo, pola estética, polo estudo do organicismo no mundo arquitectónico. Caroline Van Eck distingue tres versións do organismo:
- o organismo tectónico: que considera a natureza como modelo de procedementos construtivos, e a forma debe ser representada a través da decoración do ornamento (cf. Karl Friedrich Schinkel).
- organicismo relixioso: que contempla a natureza como obra de Deus e, para sentir a experiencia relixiosa en toda a súa plenitude, opta por edificios con trazos da arquitectura gótica (cf. John Ruskin).
- organismo científico: que se basea no uso de conceptos biolóxicos como "tipo" e condicións espaciais. Introduce novos materiais para substituír a ornamentación.
Arquitectos como Viollet-le-Duc, Gottfried Semper ou Sullivan buscaron representar a natureza da pedra, o seu material e o seu método e comportamento máis que a súa forma. Viollet-le-Duc sinalou que o aspecto a imitar era a unión que presenta a natureza, que na arquitectura se materializa na construción: "en poucas palabras, creación é unión; caos, ausencia de unión".
Un dos principais impulsores do movemento foi Frank Lloyd Wright, discípulo de Sullivan e da Escola de Chicago.
Por arquitectura orgánica refírome á arquitectura que desenvolve a forma do interior ao exterior en harmonía coas súas propias condicións, e que se diferencia da que só se centra no exterior. Unha construción orgánica ten unha estrutura que medra do mesmo xeito que unha flor no xardín; ambos desenvólvense uniformemente dende o interior.Frank Lloyd Wright. In the Cause of Architecture, 1914
Sullivan describe o pensamento orgánico como o pensamento do tempo presente, porque só no preciso momento presente se pode experimentar verdadeiramente a sensación de vivir e, en consecuencia, o presente é un momento orgánico, sempre que estea vivo e non secundario.[12] Así que a palabra orgánica refírese á estrutura viva, unha estrutura ou concepto onde os elementos e as partes deben ser recoñecidos na súa forma, para construír unha obra integral.[13] Polo tanto, tanto para Sullivan como para Wright, un edificio que é integral é un organismo vivo.
Frank Lloyd Wright elaborou unha serie de principios e funcións que reúnen os edificios de estilo orgánico.
- Espazos abertos, planta aberta
- Uso de materiais locais
- Revelación da propia natureza dos materiais
- Adaptación do sitio á psicoloxía do cliente
- Adaptación do edificio ao seu sitio; debería parecer crecer facilmente dende o lugar arquitectónico
- Consideración da Individualidade en cada aspecto ou parte
- Liberdade do artista para dotar á súa obra dun toque da súa personalidade
- Escoller unha forma dominante para un edificio e integrar esa forma en todo
- Usar cores naturais: "Ir ao bosque e ao campo para ver esquemas de cores" [14]
- Proporcionar un lugar para a follaxe natural.
Expresou a súa aspiración última sobre esas funcións dos edificios en relación coa contorna:
I’d like to have a free architecture. I’d like to have architecture that belonged where you see it standing, and was a grace to the landscape instead of a disgrace.Frank Lloyd Wright: From Within Outward Audioguide (Nova York: Antenna Audio, Inc. and the Solomon R. Guggenheim Foundation, 2009)
Gustaríame ter unha arquitectura libre. Gustaríame ter arquitectura que pertencese a onde a ves posta en pé, e que fose unha graza para a paisaxe en lugar dunha deshonra.[15]
E estableceu tamén unha definición exhaustiva.
“So here I stand before you preaching organic architecture: declaring organic architecture to be the modern ideal and the teaching so much needed if we are to see the whole of life, and to now serve the whole of life, holding no ‘traditions’ essential to the great TRADITION. Nor cherishing any preconceived form fixing upon us either past, present or future, but—instead—exalting the simple laws of common sense—or of super-sense if you prefer—determining form by way of the nature of materials...”— Frank Lloyd Wright, An Organic Architecture, 1939
[ "Así que aquí estou diante de vostedes a predicar a arquitectura orgánica: declarando que a arquitectura orgánica é o ideal moderno e a ensinanza tan necesaria se queremos ver a vida enteira e agora servir a toda a vida, sen ter ningunha "tradición" esencial á gran TRADICIÓN. Nin apreciar ningunha forma preconcibida que fixándonos ao pasado, presente ou futuro, senón, en cambio, exaltando as simples leis do sentido común, ou do supersentido, se o prefires, determinando a forma pola natureza dos materiais..." ]
David Pearson, un arquitecto e construtor seguidor da corrente orgánica ou organicista, expresou unha lista de normas ou estándares coñecida como a Carta de Gaia para a arquitectura e o deseño orgánicos.
- Inspirarse na natureza, priorizando a sostibilidade e a diversidade
- Permitir que o interior da semente medre, como fai un organismo
- Existir no presente continuo e comezar repetidamente
- Seguir os fluxos e sexa flexible
- Satisfacer as necesidades sociais, físicas e espirituais
- Crecer fóra do lugar e ser único
- Celebrar a xuventude, xogar e sorprender
- Expresar o ritmo da música e a enerxía da danza.[17]
Outro teórico do organicismo foi Alvar Aalto, que expresou a necesidade de que a arquitectura se centre nos aspectos psicolóxicos e non só nos requisitos impostos pola función ou a técnica.[18][19]
Seguidores e exemplos
editar
|
|
Notas
editar- ↑ "¿Que es el Organicismo Arquitectónico o Arquitectura Orgánica?". Organicismo Arquitectónico (en castelán). 2016-07-23. Consultado o 2023-02-03.
- ↑ Portobello, Archtrends (2017-07-17). "Arquitetura Orgânica: conheça o conceito de e saiba como aplicá-lo". Conteúdo Archtrends Portobello (en portugués). Consultado o 2023-02-03.
- ↑ "O Pensamento Organicista na Arquitetura: Passado, Presente e Futuro - ProQuest". www.proquest.com (en inglés). Consultado o 2023-02-03.
- ↑ "Dicionario; organicista". Real Academia Galega. Consultado o 2023-02-03.
- ↑ Lajo, Rosina; Surroca, Josep (2002-08-12). Lexic d'art (en catalán). Ediciones AKAL. ISBN 978-84-460-0227-7.
- ↑ "O que é a Arquitetura para Frank Lloyd Wright". Researchgate (en portugués). Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "Urbanismo organicista" (PDF). dadun.unav.edu (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2023.
- ↑ "Dissertacao Debora Foresti" (PDF). teses.usp.br/teses/disponiveis.
- ↑ Saraiva, Marcus (2015-01-01). "Organicismo e Arquitetura Paramétrica". Projectare: revista de Arquitetura e Urbanismo.
- ↑ Rivera, Jose Manuel Pérez. "DE LO MECÁNICO A LO ORGÁNICO: La revelación de la naturaleza".
- ↑ "Wright and International Arts and Crafts ; Frank Lloyd Wright Trust". flwright.org. Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Kindergarten Chats por Louis H. Sullivan; 843 Words; Bartleby". www.bartleby.com. Consultado o 2022-04-14.
- ↑ "Frank_Lloyd_Wright_and_the_'Organic'_Nature_of_Japanese_Architecture". Researchgate.net.
- ↑ "Organic Architecture". The Guggenheim Museums and Foundation (en inglés). Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Organic Architecture". The Guggenheim Museums and Foundation (en inglés). Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Essay ; Organic Architecture". Frank Lloyd Wright ; PBS ; essay-organic-architecture (en inglés). Consultado o 2022-04-19.
- ↑ Pearson, David (2001). New Organic Architecture: The Breaking Wave (en inglés). Univ of California Press. ISBN 978-0-520-23288-4.
- ↑ Du, Jun (2019-08-27). "Design Philosophy and Methods of Alvar Aalto from the Ecological Aesthetics". International Journal of Literature and Arts (en inglés) 7 (4): 87. ISSN 2331-057X. doi:10.11648/j.ijla.20190704.13.
- ↑ Aalto, Alvar; Achleitner, Friedrich (1999). Alvar Aalto: Toward a Human Modernism (en inglés). Prestel. ISBN 978-3-7913-2049-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquitectura orgánica |
Outros artigos
editar- Arquitectura moderna
- Funcionalismo
- Modernismo (estilo arquitectónico da Península Ibérica)
- Modernismo catalán
- Estilo Internacional (en inglés modernism)
- Arts & Crafts
- Art Nouveau
- Frank Lloyd Wright
- Alvar Aalto
Bibliografía
editar- van Eck, Caroline. Organicism in 19th cent arch., p.18.
- van Eck, Caroline. Organicism in Nineteenth-Century Architecture: An Inquiry Into its Theoretical and Philosophical Background. Leiden University, 1994. ISBN 9071570290.
- Wright, Frank Lloyd. In the cause of architecture. Universidade de Míchigan: Architectural Record, 1975. ISBN 0070253501, 9780070253506.
Ligazóns externas
editar- "Frank Lloyd Wright: From Within Outward" - Vídeo en YouTube