Modernismo
Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (en Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.
Características
editarAs características máis importantes de dita corrente literaria son o preciosismo, exotismo, a alusión ós nobres, mundos desaparecidos (a idade media cabaleiresca, as cortes dos Luíses en Francia, as monarquías chinesas e xaponesas). Mención dos obxectos preciosos. Símbolo: cisne.
O modernismo opón o latino ó anglosaxón. O modernismo é unha reacción que vai en contra do positivismo, e interésase pola teosofía. Na narrativa oponse ó realismo, optando pola novela histórica ou a crónica de experiencias da alucinación e a loucura; a descrición de ambientes de refinada bohemia. Introduce o personaxe da muller fatal, que leva ós homes ó pracer e a morte
De acordo con Francisco Rico, a palabra modernismo, foi un calco dunha tendencia heterodoxa con respecto ó catolicismo tradicional, condenada como modernismo por Pío X e León XII, e que foi debatido nas dúas últimas décadas. Posteriormente foi un calco despectivo do moderno. Ata que os modernistas a adaptaron como signo de identidade. (Rico, Francisco "O Modernismo como actitude" p. 46).
Unha arte nova
editarTodas estas denominacións fan referencia á intención de crear unha arte nova, levando a cabo unha rutura cos estilos dominantes na época, tales como o historicismo ou o eclecticismo. Trátase de crear unha estética nova, en que predominen a inspiración na natureza á vez que se incorporen novidades derivadas da revolución industrial. E así en arquitectura é frecuente o emprego do ferro e o cristal. Así a todo, é igualmente unha reacción á pobre estética da arquitectura en ferro, tan en voga por eses anos.
En gran medida as súas aspiracións baséanse nas ideas de John Ruskin e William Morris, que podemos resumir en democratizar a beleza no sentido de que ata os obxectos máis cotiáns teñan valor estético e sexan accesibles a toda a poboación (socialización da arte), grazas ás técnicas de produción masiva facilitadas pola revolución industrial. Por iso o modernismo non só se dá nas artes maiores, senón tamén no deseño de mobiliario e todo tipo de obxectos útiles na vida cotiá. A miúdo os artistas modernistas son artistas "integrais", pois non só deseñan edificios, senón os mobles e outros aparellos de uso diario. Así pois moitos arquitectos modernistas son tamén deseñadores, pois as súas creacións non se limitan ó edificio en si, dado que tamén elaboran a súa decoración e os utensilios que ha de conter.
Consecuentemente, deuse en arquitectura, pintura, escultura e nas artes decorativas e menores (mobles, lámpadas, xoias, carteis etc. ).
Unha das súas características é o uso da liña curva e a disimetría, tanto na plantas e o alzado dos edificios como na decoración. Nesta última é moi frecuente o uso da chamada "liña látego". Unha derivación deste estilo na década de 1920 é a denominada Art déco.
Artistas máis destacados
editarGalegos
editar- Valle-Inclán (escritor: dramaturgo, poeta e novelista)
- Xesús Corredoyra (pintor)
- Antonio López Hernández (arquitecto)
Outros
editar- Rubén Darío (escritor)
- Aubrey Beardsley (ilustrador)
- Lluís Domènech i Montaner (arquitecto)
- Émile Gallé (ceramista e vidreiro)
- Antoni Gaudí (arquitecto e deseñador)
- Hector Guimard (arquitecto)
- Josef Hoffman (arquitecto)
- Victor Horta (arquitecto)
- Gustav Klimt (pintor)
- René Lalique (ourive)
- Charles Rennie Mackintosh (arquitecto e deseñador)
- Kolo Moser (deseñador)
- Alfons Mucha (pintor, carteis)
- Joseph Maria Olbrich (arquitecto)
- Louis Comfort Tiffany (deseñador)
- Jan Toorop (pintor)
- Henry van de Velde (arquitecto, pintor, deseñador)
- Otto Wagner (arquitecto)
- Pablo Neruda (escritor)
Arquitectura modernista en Galicia
editarO modernismo entra en Galicia no ano 1900, aínda moi influenciado polo eclecticismo burgués, o modernismo puro chega a Galicia algo máis tarde ca no resto de Europa (1908-1914) seguindo o modernismo ou art nouveau europea. Salientan obras nas cidades da Coruña, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela. A partir de 1914, co estoupido da primeira guerra mundial a arquitectura volve ao eclecticismo para rematar no racionalismo contra o ano 1930[1] O modernismo en Galicia vén da man de burgueses enriquecidos co comercio ultramarino e pola incipiente industria naval e conserveira, que amosaba a súa prosperidade económica e cultural á sociedade do seu tempo.
O modernismo galego caracterízase polo uso de fábrica de pedra de granito e de galerías por mor da necesidade de luz no interior dos edificios, onde salienta a cidade da Coruña, coas súas belas galerías de fermosos enfeites na decoración das fachadas. Estas galerías constrúense en madeira e sempre van pintandas en cor branca e apoian en canzorros de pedra. Tamén salientan os balcóns de ferro forxado.[2].
A Coruña
editarEntra da man do arquitecto asturiano Julio Galán Carvajal, diferentes casas. Con Ricardo Boán fai a casa da rúa de Juana de Vega; e segue co Pazo de Xustiza e coa Casa Rey. Tamén salientaron os galegos Antonio López Hernández e Andrés Reboredo
- Palacio de Xustiza da Coruña (1908), de Julio Galán Carvajal
- Casa Rey (1911), de Julio Galán Carvajal
- Edificio Ricardo Boán
- Casa da Rúa de Feijoo, de Ricardo Boán.
- Casa da Rúa de San Nicolao, de Ricardo Boán.
- Casa de San Andrés, de Ricardo Boán.
- Casa de Juana de Vega
- Casa na Rúa de Compostela.
- Casa Salorio, na Praza de Pontevedra, de Antonio López Hernández.
- Casa Arambillet, na Praza de Lugo, de Antonio López Hernández.
- Casa Reboredo, na Praza de Lugo, de Juan de Ciórraga.
Pontevedra
editarSalientou Antonio López Hernández coa súa casa da Praza da Estrela ou a casa de Prudencio Landín.
- Café Moderno, (1902).
- Palace Hotel, (1904), de Andrés López de Ocáriz Robledo, na praza de Galicia, 4 (demolido a finais dos anos 70).
- Casa da Confraría da Peregrina, de Antonio López Hernández.
- Pazo de Lourizán, de Jenaro de la Fuente Domínguez
- Casas centrais da praza da Ferrería, a do número 8 (1912) de Andrés López de Ocáriz Robledo, a do número 9 dos anos 20.
- Casa Luciano Dazevedo, (1914), de Andrés López de Ocáriz Robledo na rúa García Camba, 5.
- Edificio Gran Garaje, (1915), de Maximiliano Limeses Artime.
- Casa Sanz Díaz, de Antonio López Hernández na avenida da Coruña, 20.
- Instituto Valle-Inclán, (1926), de Joaquín Rojí López-Calvo e José María Lorite Kramer.
- Casa de Correos e Telégrafos, de Carlos Gato Soldevilla.
Ferrol
editarSalientou Rodolfo Ucha Piñeiro, foi arquitecto municipal en 1908 despois de volver licenciado de Madrid.
- Casa Pereira (1908), de Rodolfo Ucha.
- Casa da Rúa Dores, de Rodolfo Ucha.
- Hotel Suízo (1913), de Rodolfo Ucha.
- Casa Rodríguez Trigo, (1914), de Rodolfo Ucha.
- Casa Antón (1918), de Rodolfo Ucha.
Vigo
editarO modernismo vigués caracterízase pola sinxeleza e o uso do granito, que lle proporciona características de seu. O seu representante máis salientábel foi Benito Gómez Román, que xa no seu edificio de García Barbón de 1901 inclúe elementos premodernistas. En 1906 crea o espectacular Edificio Simeón, moi influenciado pola obra viguesa de Michel Pacewicz. A morte prematura de Benito fai que a súa obra sexa rematada polo seu irmán Manuel Gómez Román. Tamén salientan Luis Vidal e especialmente o vigués Xosé Franco Montes, consciente do seu modernismo.
- Edificio Simeón (1906), de Benito López Román.
- Casa na Praza de Compostela, de Luis Vidal.
- Casa na rúa Pablo Morillo, de Luis Vidal.
- Casa no Paseo de Afonso XII (1908), estilo goticista, de José Franco Montes.
- Chalé do Pilar (El Pilar), hoxe Casa da Xuventude de Vigo, na rúa López Mora, de José Franco Montes.
- Edificio Banco de Vigo (1919), de Manuel Gómez Román.
Santiago de Compostela
editarO vigués Xosé Franco Montes realiza unha casa na zona vella, para despois abandonar o modernismo polo eclecticismo. En Compostela o modernismo sofre a presión da Igrexa. Jesús López de Rego impuxo o seu modernismo de grande elegancia influenciado pola escola de Glasgow entre 1906 e 1912. Antonio Palacios viuse premido pola Igrexa na construción do Pavillón de Recreo Artístico e Industrial de 1909.
- Casa de Ramón Núñez, salienta o claustro, de Jesús López de Rego.
- Pazo do Espiño, de Jesús López de Rego.
- Vivendas de Preguntoiro, de Jesús López de Rego.
- Vivendas en Casas Reais, de Jesús López de Rego.
- Vivenda en Orfas, de Jesús López de Rego.
- Vivenda en Acibechería, de Jesús López de Rego.
- Vivenda en Carreira do Conde, de Jesús López de Rego.
- Casa da Rúa Senra (1912), de Jesús López de Rego.
- Pavillón de Recreo Artístico e Industrial (1909), de Antonio Palacios.
- Edificio Castromil (1926), desaparecido en 1975.
Ourense
editarO modernismo chega máis tarde. Salienta Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto municipal entre 1909 e 1914, cando usou elementos do modernismo internacional nalgúns dos seus edificios eclécticos, influenciado polo modernismo coruñés e pola obra de Otto Wagner.
- Casa para Ricardo Sampayo, (1909), de Daniel Vázquez-Gulías Martínez.
- Casa na Praza Maior (1909), de Daniel Vázquez-Gulías Martínez, clara influencia da obra de Julio Galán Carvajal na Coruña.
- Casa Alfonso Junquera (1913), de Daniel Vázquez-Gulías Martínez.
Sada
editarOs arquitectos do grupo coruñés: Julio Galán Carvajal, Ricardo Boán e Antonio López Hernández, desenvolveron obras modernistas na vila de Sada.
- Quiosco A Terraza (reformado en 1912 por Antonio López Hernández e ergueito orixinalmente na Coruña nos Xardíns de Méndez Núñez), trasladouse a Sada en 1920. É quizais a obra máis importante do modernismo en Galicia, declarado Monumento Histórico-Artístico.
Ribadeo
editar- Torre dos Moreno (1914).
Obras importantes fóra de Galicia
editar- Azul (de Darío, en Nicaragua)
- Casa Batlló (de Gaudí, en Barcelona)
- Bocas do Metro (de Guimard, en París)
- Casa Tassel (de Horta, en Bruxelas)
- Friso Beethoven (de Klimt, en Viena)
- Escola de Arte (de Mackintosh, en Glasgow)
- Edificio Sezession (de Olbrich, en Viena)
- Edificio da Caixa Postal (de Wagner, en Viena)
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Henríquez Ureña, Mac. Breve historia do modernismo. México: Fondo de cultura Económica, 1978.
- Rico, Francisco. Historia y crítica de la Literatura española: Modernismo y 98. Barcelona: Editorial Crítica, 1980.
- Schmutzler, Robert. El modernismo. Madrid: Alianza Forma, 1985.
- Ward, Thomas. "Los posibles caminos de Nietzsche en el modernismo". Nueva Revista de Filología Hispánica 50.2 (2002): 489-515
Outros artigos
editar- Literatura modernista
- Art nouveau
- Arts & Crafts
- Estilo internacional (arquitectura)
- Arquitectura moderna
- Arquitectura moderna estadounidense