Armando Fernández Mazas

xornalista e escritor galego

Armando Pompilio Fernández Mazas, coñecido como Chocolito, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1996,[1] foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaArmando Fernández Mazas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Armando Pompilio Fernández Mazas Editar o valor en Wikidata
30 de xaneiro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsCándido Fernández Mazas
Mario Fernández Mazas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1041035 Nomes e Voces: 13687

Traxectoria

editar

Estudou na Escola Normal de Ourense. No primeiro bienio da República ensinou en Bóveda de Amoeiro onde entrou en contacto coa Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO). Colaborou na revista de ATEO, Escuela del Trabajo, con artigos sobre pedagoxía. En 1934 gañou en propiedade a praza de mestre na escola de Vilariño (O Pereiro de Aguiar), na que puxo en práctica os métodos activos. Militou en Izquierda Comunista de España (1932) e, en 1935, entrou no Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM). Escribiu no periódico Espartaco, voceiro dos mozos antifascistas ourensáns.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[2] Estivo fuxido, agochado en Castro Caldelas e entre 1942 e 1947 en Castro Laboreiro cunha identidade falsa. Logo instalouse en València, onde foi detido en 1955. En 1963 reingresou no maxisterio, primeiro tres anos na illa de La Gomera ata o seu destino definitivo en Pombeiro (Pantón), onde se xubilou en 1975.

Nos anos oitenta participou en Nova Escola Galega, e centrouse en recuperar a obra artística e literaria de seu irmán Cándido Fernández Mazas (creou a Editorial Andoriña en 1989, recollendo un antigo proxecto do ano 1933 de Cándido de crear Ediciones La Golondrina) e recuperar a memoria histórica dos mestres e intelectuais represaliados.

  • Ourense, Atenas de Galicia, 1989.
  • Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO, 1990.
  1. Carlos Gurméndez (16 de marzo de 1996). "Armando Fernández Mazas, maestro y periodista". El País (en castelán). 
  2. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar