Arlington Heights, Illinois

concello estadounidense do estado de Illinois

Arlington Heights é unha cidade e municipio dos Estados Unidos, a cabalo dos condados de Cook, e de Lake no estado de Illinois.

Modelo:Xeografía políticaArlington Heights, Illinois
Arlington Heights (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°05′42″N 87°58′51″O / 42.095, -87.9808333
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoIllinois
County of Illinois (en) TraducirCondado de Cook (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación77.676 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.803,29 hab./km²)
Número de fogares30.672 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie43,074626 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,175 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude200 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1887 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal60004–60009, 60004 e 60007 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webvah.com Editar o valor en Wikidata
Evergreen Avenue, no centro da cidade de Arlington Heights

Xeografía

editar

É un suburbio de Chicago, atopándose a uns 40 km ao noroeste do centro desta cidade.[1]

O municipio ocupa unha superficie de 43,09 km2.[2]

Segundo o censo de 2019 Arlington Heights contaba cunha poboación de 74 760 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 738,30 Hab./km2.

Historia

editar

A mediados do século XIX a localidade de Arlington Heights estaba principalmente na parte occidental do municipio de Wheeling, con territorios nos concellos adxacentes de Elk Grove e Palatine, nunha zona que orixinalmente destacaba pola ausencia de soutos e árbores.

A Oficina Xeral de Terras comezou a vender leiras alí en 1835. En 1853, William Dunton, orixinario de Oswego, Nova York, convenceu ao ferrocarril de Illinois e Wisconsin para que fixera unha estación no lugar, e asentou unha cidade chamada Dunton, que recibiu o nome de William Dunton.

En 1850 a zona cambiou en gran medida a súa composición étnica, xa que moitos agricultores alemáns de Saxonia chegaran durante a década de 1840. John Klehm podería servir como exemplo: nun principio foi un cultivador de patacas, abastecendo o mercado de Chicago e, en 1856, comezou cun viveiro de cerdeiras, maceiras e pereiras, para despois cambiar aos abetos, aos arces e aos olmos, e despois ás flores. A finais da década de 1850, a zona fíxose famosa polas súas granxas, que enviaban produtos lácteos e vexetais a Chicago por ferrocarril.

A pequena cidade foi medrando aos poucos, establecéndose nela un ferreiro, unha queixaría, unha ferretaría e un hotel. Denominouse Arlington Heights en 1887, cando a súa poboación era duns 1 000 habitantes. A maioría eran agricultores, pero a eles uníronse outros homes que traballaban en Chicago, xa que Arlington Heights era un suburbio da cidade.

  1. "Arlington Heights Mayor (Andrew Robinson) Promotes Downtown Revival". usmayors.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  2. "2019 U.S. Gazetteer Files". United States Census Bureau. Consultado o 14 de novembro de 2021. 
  3. Total Population in Arlington Heights village, Illinois United States Census Bureau. Consultado o 14 de novembro de 2021.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar