Ariadna Fernández
veterinaria, escritora e política galega
(Redirección desde «Ariadna Fernández González»)
Ariadna Fernández González, nada nos Porcallos (Lalín) o 2 de marzo de 1988,[1] é unha veterinaria, escritora e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ariadna Fernández González 2 de marzo de 1988 (36 anos) Os Porcallos, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | veterinaria, escritora, política |
Premios | |
|
Traxectoria
editarEstudou na Facultade de Veterinaria de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. Veterinaria e gandeira, colaborou no vídeo Isto é o que ti bebes. En 2017 obtivo o terceiro premio no VI certame de relatos breves Feiraco,[2] e gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato Secuestro.[3]
Nas eleccións municipais de 2019 foi a número dous da candidatura do BNG en Lalín,[4] pero non foi elixida concelleira. Nas municipais de 2023 volveu ser a número dous da candidatura do BNG e foi elixida concelleira. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[5]
Notas
editar- ↑ "La gente que tiene vacas por herencia no lo considera un trabajo especialmente bonito", entrevista en Faro de Vigo, 18-3-2018, p. 9.
- ↑ Certame de Microrrelatos Feiraco
- ↑ "Este sábado entréganse os Premios Modesto R. Figueiredo en Arzúa". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 02 de febreiro de 2018.
- ↑ El Bloque ficha a la veterinaria Ariadna Fernández González como número dos
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.