Arfvedsonita
A arfvedsonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos.[1] É un aluminosilicato de sodio e ferro, este último pode ser parcialmente substituído por outros metais como magnesio ou manganeso, dando lugar a variedades.
Arfvedsonita | |
---|---|
Fórmula química | Na3 Fe2 4Fe3 (Si8O22) (OH)2 |
Clase | Silicato |
Subclase | Inosilicato |
Sistema cristalino | Monoclínico, prismático |
Cor | Negra a negra azulada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 5,5 - 6 (escala de Mohs) |
Fractura | Irregular |
Raia | Escura gris azul a gris verde |
Densidade | 3,44 g/cm3 |
O ferro que contén é de dous tipos, férrico e ferroso, que non ocupan a mesma posición na estrutura cristalina, pois son de distinto tamaño, sendo o ferroso o que pode ser substituído por magnesio. Así, a arfvedsonita é o extremo (férrico-ferroso) dunha serie de solución sólida, achándose no outro extremo a magnesio-arfvedsonita (férrico-magnesio).
Foi chamada así en 1823 polo químico sueco Johan A. Arfvedson.
Ambiente de formación
editarAparece en rochas ígneas, sobre todo granitos alcalinos e sienitas alcalinas.
Pode ter asociados os seguintes minerais: nefelina, albita, exirina, riebeckita ou cuarzo.
Localización, extracción e uso
editarA arfvedsonita ten unha distribución moi limitada comparada co resto dos anfíbolos, só nas raras rochas ígneas que son moi ricas en sodio. Pódese atopar no Quebec (Canadá), no sur de Groenlandia, na península de Kola (Rusia) e Noruega.
Non posúe uso industrial ningún e ten pouco interese coleccionístico en si, aínda que é un mineral acompañante doutros espécimes raros e codiciados por coleccionistas.
Notas
editar- ↑ Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Deer, W.A., R.A. Howie, e J. Zussman (1963) Rock-forming Minerals, v. 2, Chain Silicates, p. 364-374
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mineral Data Publishing, 2001 PDF
- Datos sobre localización de arfvedsonita
- Sitio web con datos de arfvedsonita
- Galería de minerais con información de arfvedsonita
- Galería de imaxes da arfvedsonita en Internet: [1] [2] [3]