Archigram
Archigram, creado na década de 1960, foi un grupo arquitectónico de vangarda. Enmarcado no antideseño, era un grupo futurista e pro-consumista que se inspiraba na tecnoloxía co fin de crear unha nova realidade expresada a través de proxectos utópicos.
Traxectoria
editarOs principais membros do grupo foron: Peter Cook, Warren Chalk, Ron Herron, Dennis Crompton, Michael Webb e David Greene. No panfleto Archigram I publicado en 1961 expuxeron as súas ideas. Ideas baseadas en visións de infraestruturas lixeiras coa última tecnoloxía, tecnoloxía de supervivencia, tecnoloxía clip-on, cápsulas espaciais e coa imaxinería do consumo masivo. Os seus proxectos ofrecían visións sedutoras dunha glamourosa era futura das máquinas; porén, os temas sociais e ambientais non foron contemplados.
Os proxectos de Archigram basean a súa visión futurista na obra do arquitecto italiano Antonio Sant'Elia. Backmister Fuller foi tamén unha importante fonte de inspiración. Os traballos de Archigram foron, á súa vez, fontes de inspiración de traballos posteriores como o Centro Georges Pompidou (1971) dos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers, así como a obra de Gianfranco Franchini e Future Systems.
Proxectos destacados
editarPlug-in-City, Peter Cook, 1964
editarPlug-in-City era unha mega-estrutura que non tiña construcións, tan só unha armazón de gran tamaño na que se podían encaixar cuartos en forma de cela ou compoñentes estandarizados. O proxecto xestouse entre 1962 e 1966, propoñía unha cidade que evolucionase cos habitantes-usuarios. As cápsulas de vivenda colocábanse nunha estrutura en forma de A para obter iluminación e facilitar o acceso, o espazo interior que se xera ocúpao o comercio. Preséntanse distintas vías de transporte en función da velocidade, transporte vertical de mercadorías por medio de guindastres e escaleiras mecánicas para peóns.
The Walking City, Ron Herron, 1964
editarA Walking City (cidade andante) era unha cidade deseñada con patas, para que se puidese mover ó lugar desexado. Era un proxecto moi custoso, xa que a enerxía necesaria para desprazar a cidade era imposible de financiar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Crampton, Dennis (ed.) (1999). Concerning Archigram... Londres: Archigram Archives.
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial (en inglés).