En anatomía, a aréola[1] (diminutivo do latín area, «lugar aberto») é a área circular pequena que rodea a mamila. Tamén é un termo que serve para describir outras áreas circulares como a inflamación que rodea un gran.

Aréola
Imaxe dunha aréola arrodeando unha mamila.
Aréola etiquetada co nº 5.
Latín areola mammae
Gray's pág.1267

Glándulas

editar

A pel da aréola é un pouco máis áspera que o resto e nela atópanse os condutos das glándulas mamarias. Na mamila dunha muller adulta pódense localizar entre 15 e 20 pequenas aberturas (condutos lactíferos) dispostas ó redor e por onde sae o leite durante a lactación. Hai outras aberturas que son as glándulas sebáceas (glándulas de Montgomery), estas producen certa lubricación aceitosa durante esa época.

Cor e tamaño

editar
 
O tamaño e a cor da areola son moi variables e poden cambiar de muller a muller.

Non todas as areolas teñen a mesma cor senón que vai dende o rosado claro até o marrón escuro, dependendo da cor da pel de cada persoa. Durante o embarazo tende a escurecerse, recuperando o seu antigo ton unha vez que se produciu o nacemento aínda que adoita quedar coa nova cor. O tamaño tamén varía, establecéndose o tamaño medio entre os 15-40 milímetros de diámetro. O tamaño da aréola non vai en consonancia co volume da mama, podéndose dar o caso de grandes volumes con pequenas aréolas e viceversa.

Zona eróxena

editar

A zona que ocupa a mamila e a aréola é unha das cualificadas como eróxenas, é moi sensible ós aloumiños e percorrelo coa lingua pode resultar moi estimulante, formando parte dos xogos eróticos previos a unha relación sexual.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aréola.