Apoloxía (Platón)
A Apoloxía de Sócrates é unha obra de Platón na que dá unha versión do discurso que pronunciou Sócrates como defensa ante o tribunal ateniense no xuízo no cal foi acusado de perverter os mozos e de non crer nos deuses da polis.
Apoloxía (Platón) | |
---|---|
Título orixinal | Ἀπολογία Σωκράτους |
Autor/a | Platón |
Lingua | Grego antigo |
Xénero(s) | apologia e diálogo socrático |
Data de pub. | anos 390 a. C.xuliano |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que a súa data exacta é incerta, o texto pertence ao ciclo platónico das primeiras obras chamadas "socráticas" que Platón escribiu na súa mocidade; pensase que foi unha das súa primeiras obras.
Argumento
editarNa obra narrase o xuízo no que tiña que estar presente Sócrates para mostrar a súa inocencia por graves acusacións. A obra estruturase en tres partes onde vai explicando cada acto e cada cousa que pasa ao longo do xuízo.
Primeira parte
editarSócrates antes de que comece o tribunal advirte que non vai utilizar palabras para convencelos senón que dirá toda a verdade e non como farían outras persoas. Sócrates empeza por deixar claro que é mentira o que os seus acusadores dixeron del e que na súa defensa sempre dirá a verdade.
Durante o xuízo explica e relata como será o desenvolvemento dos interrogatorios na súa defensa: en primeiro lugar respondera ás primeiras acusacións falsas, a continuación aos seus primeiros acusadores, e por último respondera ás acusacións máis recentes.
Antes de que de comezo fai unha diferenza, porque explica que os seus acusadores o acusan dende moito tempo atrás e que aínda que non teñan dito nada, ten na súa contra aos que o critican dende sempre, senón que ademais deles tamén están decididos a poñer en contra as demais persoas contándolles que Sócrates non cre nin creu nos deuses. A continuación menta as principais persoas que o acusan: Melito, Anito e Licon[1] eles representan os poetas artífices. Despois continua dicindo que é acusado por máis persoas pero neste caso non sabe quen son xa que non se deron a coñecer a excepción dun certo autor de comedias[2]. Sócrates ponse a dialogar cos seus xuíces co motivo da súa acusación cando lle preguntan por que é acusado. A contestación a esta pregunta é que o acusan por ser odiado, porque é un home moi sabio e non existe outro máis sabio ca el no mundo, é dicir, non o saben valorar porque el só fala para dicir verdades nunca mentiras. Cando Sócrates se defende atacando os seus difamadores, acusa a Melito de mentireiro, de petulante e de insolente. Sócrates empeza a facer preguntas a Melito para poder demostrar que está mentindo e que o único propósito que ten é poñer en contra os outros insistíndolles en que non cre en ningunha clase de deuses[3]. Segue dicindo que a acusación de que no cre nos deuses é falsa xa que fai que Melito acepte que el, é dicir Sócrates, cre nos Daimones (un tipo de relixión) polo tanto é falsa a acusación contra el. Sócrates segue dicindo que ten un montón de persoas que están en contra súa, e que os sustentan. E iso é o que motivara a súa condena[4]. Logo de acabar demostrando o que pensa e acabar de explicar todo o que lle preguntan, diríxese ao xuíz dicíndolle que non ten pensado facer ningún numeriño chorando nin chamar a ningún dos seus fillos para que declaren a verdade, pois el non ten medo a morte e cumprirá todos os cargos que se lle imputen e confiará na súa sólida argumentación e na verdade para gañarse o veredicto, en cambio, o xuíz declárao culpable por 281 votos a 220.
Segunda parte
editarSócrates acepta a súa condena pero parécelle estraño xa que esperaba ser condenado por máis votos na súa contra e non só por tan pouca diferenza como a de 30 votos.
Nesa época, cando un acusado era considerado culpable e o acusador pedía en contra del a pena da morte, a lei permitíalle ao acusado condenarse a si mesmo a unha destas tres penas: prisión perpetua, multa ou desterro[5]. Segundo Xenofonte non se condenou el mesmo e tampouco deixou que os seus amigos o condenasen xa que recoñecía a culpa[6]. Descarta o desterro e considera unha multa de 30 minas, que é o que os seus amigos poden pagar, pero o xurado non o aceptará por consideralo unha suma moi pequena comparada co castigo imposto. A pena de morte é imposta e ese é o seu castigo.
Terceira parte
editarCando xa esta decidido todo o xuízo, Sócrates dirixísese aos que o condenaron e dilles que serán castigados, que terán un gran número de censores aos quen el contiña; tamén menciona que matando xente para que non lles censuren as súas malas vidas, non é unha forma honesta de desembarazarse dos censores. É mellor esforzarse en ser máis virtuoso.
Dirixísese despois aos que o absolveron e chámaos Xuíces, e dilles que non deben temer a morte, que a morte non é un mal, senón un ben. Logo despídese para sempre dos seus seres queridos e de toda a xente que o apoiou e sempre o intentaron axudar.
Notas
editar- ↑ Os últimos acusadores de Sócrates foron Anito, que morreu despois lapidado no Ponto, Licon, que sostivo a acusación, e Melito.
- ↑ Refírese a Aristófanes quen o ridiculizou en varias das súas obras.
- ↑ Aquí é onde Melito cae na súa contradición fundamental.
- ↑ Nesta frase pódese apreciar claramente como Sócrates sabía de antemán que ía ser condenado.
- ↑ Sócrates non caeu nesta trampa.
- ↑ En realidade esta tería sido a pena lóxica a que, probablemente, esperaban os acusadores. O que aconteceu foi que Sócrates, ao no humillarse ante os xuíces nin ante a acusación, fixo que todo o xuízo saíse fóra de control.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Orixinal grego da Apoloxía. |
Bibliografía
editar- Platón (2004). Alianza, ed. Apología de Sócrates, Menón, Crátilo. Madrid. ISBN 9788420657172.