Apollo 16
O Apollo 16 foi a décima misión tripulada do programa Apollo dos Estados Unidos, a quinta e penúltima en aterrar na Lúa e a primeira en aterrar nas terras altas da mesma. A segunda das chamadas "missións J", estivo tripulada polo comandante John Young, o piloto de módulo lunar Charles Duke e o piloto de módulo de mando Ken Mattingly. Foi lanzada dende o Centro Espacial Kennedy en Florida ás 17:54 UTC do 16 de abril de 1972, cunha duración de 11 días, 1 hora e 51 minutos, concluíndo ás 8:45 PM CET do 27 de abril dese mesmo ano.[1][2]
Apollo 16 | |||||
Insignia da misión | |||||
Datos da misión | |||||
---|---|---|---|---|---|
Misión: | Apollo 16 | ||||
Nome dos módulos: | Módulo de mando: Casper Módulo lunar: Orion | ||||
Rampla de lanzamento: | Centro Espacial Kennedy, Florida LC 39A | ||||
Engalaxe: | 16 de abril de 1972 17:54:00 UTC | ||||
Aluaxe: | 21 de abril de 1972 02:23:35 UTC 8° 58' 22.84" S 15° 30' 0.68" E Montañas Descartes | ||||
Tempo AEV lunar: | 1º: 7 h 11 min 2 s 2º: 7 h 23 min 9 s 3º: 5 h 40 min 3 s Total: 20 h 14 min 14 s Paseo en CM: 1 h 23 min 42 s | ||||
Tempo na superficie da Lúa: | 71 h 2 min 13 s | ||||
Cantidade de mostras: | 95.71 kg | ||||
Amaraxe: | 27 de abril de 1972 19:45:05 UTC 0°43′S 156°13′O / -0.717, -156.217 | ||||
Duración: | 11 días 1 h 51 min 5 s | ||||
Número de órbitas lunares: | 64 | ||||
Tempo en órbitas lunares: | 125 h 49 min 32.59 s | ||||
Masa: | CSM 30.395 kg kg; LM 16.445 kg | ||||
Foto da tripulación | |||||
E-D: Mattingly, Young e Duke | |||||
Outras misións | |||||
|
John Young e Charles Duke estiveron 71 horas - pouco menos de tres días - na superficie lunar. Durante ese tempo realizaron tres actividades extra-vehiculares (EVA) ou camiñadas lunares, cunha duración total de 20 horas e 14 minutos. Conduciron o Vehículo de Exploración Lunar (Lunar Roving Vehicle, LRV), o segundo producido e usado na lúa, percorrendo con el 26.7 km. Na superficie Young e Duke colleitaron 95.8 kg de mostras lunares para traer á Terra, mentres que o Piloto do Módulo de Comando Ken Mattingly orbitaba no Módulo de Comando e Servizo (CSM), realizando observacións. Mattingly permaneceu 126 horas nas 64 revolucións en órbita lunar. Despois de que Young e Duke se reuniron con Mattingly na órbita Lunar, a tripulación liberou un subsatélite do Módulo de Servizo (SM). Durante a viaxe de regreso á Terra, Matingly realizou unha camiñada espacial para recuperar varios casetes do exterior do SM.[1][3]
O punto de aluaxe do Apolo 16 nas terras altas foi elixido para permitir que os astronautas reunisen material Lunar xeologicamente máis antigo que as mostras obtidas nas primeiras catro aluaxes, as cales estiveran preto ou dentro do Mar Lunar. Mostras da Formación Descartes e a Formación Cayley descartaron a hipótese de que ditas formacións eran de orixe volcánica.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Apollo 16 Mission Overview". Apollo Lunar Surface Journal. Consultado o 2 de decembro de 2011.
- ↑ "Apollo 16 (AS-511) Landing in the Descartes highlands". The Apollo Program. Washington, D.C.: National Air and Space Museum. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2011.
- ↑ Wade, Mark. "Apollo 16". Encyclopedia Astronautica. Consultado o 26 de novembro de 2011.
- ↑ "Landing Site Overview". Apollo 16 Mission. Lunar and Planetary Institute. Consultado o 26 de novembro de 2011.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Apollo 16 |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|