Aplodontíidos
Aplodontíidos Aplodontiidae Rango fósil: Oligoceno - Actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aplodontia rufa | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xénero, Especie e Subespecies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos aplodontíidos (Aplodontiidae) é unha familia de mamíferos da orde dos roedores, unha das tres incluídas na suborde dos esciuromorfos.[1]
Na actualidade a familia comprende un só xénero cunha única especie.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1855 polo naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt, nun traballo publicado en Mem. Acad. Imp. Sci. St. Petersbourg, ser. 6, VII; Sci. Nat.: 151.[1]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actalmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Aplodontidae Trouessart, 1897
- Haplodontidae Alston, 1876
- Haploodontidae Lilljeborg, 1866
- Haploodontini Brandt, 1855
Clasificación
editarA familia, como quedou dito, só conta cun xénero, cunha única especie, na que se recoñecen as subespcies que se indican:[1]
- Aplodontia Richardson, 1829
- Aplodontia rufa Rafinesque, 1817
- A. r. californica
- A. r. humboldtiana
- A. r. nigra
- A. r. pacifica
- A. r. phaea
- A. r. rainieri
- A. r. rufa
- Aplodontia rufa Rafinesque, 1817
Nota taxonómica
editarTradicionalmente foi clasificada como a única familia non extinta da suborde Protrogomorpha. Pode ser unha familia irmá da familia dos esciúridos.[1]
Fósiles
editarCoñecense numerosos fósiles desde o Oligoceno até o Mioceno en Asia, do Oligoceno en Europa e desde o Oligoceno até a actualidade en Norteamérica, onde vive o único representante actual da familia.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aplodontíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aplodontíidos |
Bibliografía
editar- McKenna, M. C. & S. K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York City: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X.
- Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.