Anxo Quintela
escritor e xornalista galego
Anxo Quintela González, nado en Castrelos (Vigo) o 21 de decembro de 1960, é un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1960 (63 anos) Castrelos, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Premios | |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía, foi Premio Castelao de poesía en 1978. En 1982 conseguiu o Premio Esquío pola obra A sombra dos pavillóns, publicado no ano seguinte. Os seus poemas tamén apareceron nas revistas Dorna, Revista das letras, Grial e Horas de papel.
Traballou como xornalista en Vídeo Voz e na TVG, onde foi presentador de diversos espazos, entre eles, os informativos. Foi tamén redactor xefe da revista Agrocultura. Entre 2003 e 2006 dirixiu o xornal electrónico Vieiros.[1] Traballou no programa Diario Cultural da Radio Galega.
Obras
editarPoesía
editarTraducións
editar- Afinidades culturais Galicia-Irlanda de Elisabeth Frances Keating, 1990, Galaxia.
- A casa da madriña de Lygia Bojunga Nunes, 1990, Galaxia.
Obras colectivas
editar- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Chineses, 1996, O Correo Galego.
Proxectos artísticos
editar- A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos con Ana Romaní.
Premios
editar- Premio Esquío de poesía no 1982, por Á sombra dos pavillóns.
- Premio Nacional de Xornalismo Cultural de España no 2019.[2]
Notas
editar- ↑ VV.AA. (2006). Diciopedia do século XXI (vol. 3). Vigo: Ediciós do Castro / Edicións do Cumio / Editorial Galaxia. p. 1734. ISBN 84-8485-240-7.
- ↑ CRTVG, ed. (24 de setembro de 2019). "O xornalista da Radio Galega Anxo Quintela, galardoado co Premio Nacional de Xornalismo Cultural 2019". Consultado o 24 de setembro de 2019.