Antonio Mouriño Villar
Antonio Mouriño Villar, nado na Buratiña (Celanova) o 12 de xuño de 1954, é un político galego vinculado ao PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1954 (70 anos) A Buratiña, España |
Alcalde de Celanova | |
1991 – 2012 (dimisión) ← Manuel Gómez Rojo – José Luís Ferro Iglesias → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Traxectoria
editarAdministrativo en Celanova, Nas eleccións municipais de 1987 foi candidato de AP-CdG, como representante de Centristas de Galicia. Unha dimisión en 1989 permitiulle ser concelleiro na oposición por Centristas de Galicia,[1] partido político que se acabaría integrando no PPdeG. Nas municipais de 1991 o PPdeG de Celanova, encabezado por Ricardo Mínguez Abajo obtivo 5 concelleiros e Centristas de Galicia liderado polo propio Mouriño outros cinco, sendo o máis votado, conseguiu unha maioría relativa que lle permitiu gobernar durante toda a lexislatura. A finais de 1991 Centristas de Galicia integrouse no PPdeG. Finalmente nas municipais de 1995, o partido de Antonio Mouriño conseguiu a maioría absoluta,[2] situación que se reproduciu nas seguintes eleccións municipais de 1999, 2003, 2007 e 2011. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións autonómicas dese ano[3] e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, onde permaneceu ata 2016. En febreiro de 2023 foi expulsado do PPdeG acusado de pedi-lo voto para o alcalde independente Antonio Puga[4].
Notas
editar- ↑ Datos tomados de La Región [1][Ligazón morta]
- ↑ Resultados das eleccións municipais en Celanova dende 1987[Ligazón morta]
- ↑ "Mouriño dimite hoy de su cargo como diputado provincial". La Región.
- ↑ El PP expulsa al exalcalde de Celanova Antonio Mouriño por pedir el voto para el actual regidor independiente
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alejandro Mínguez González (2019). 40 anos votando en Celanova, Didot, ISBN 978-84-17495-68-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 01 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
Predecesor: Manuel Gómez Rojo |
Alcalde de Celanova 1991 - 2012 |
Sucesor: José Luis Ferro |