Antonio Jaspe Moscoso
Antonio María Jaspe y Moscoso, nado na Coruña en 1856 e finado en Montrove en agosto de 1887,[1] foi un pintor galego que cultivou a pintura de historia, os temas clásicos e o retrato.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1856 A Coruña, España |
Morte | agosto de 1887 (30/31 anos) Montrove, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Descrito pola fonte | Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1883-1884) (pt) Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Traxectoria
editarFormouse na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en varias publicacións.
Foi discípulo da Escola superior de Pintura, Escultura e Gravado e de Ignacio Suárez Llanos. Na Exposición Rexional de Galicia celebrada en Santiago de Compostela en 1875 presentou Dos retratos, Cinco bocetos, Una Concepción, Paisano gallego, Labradora, Hilandera, Retrato de Alfonso XII, Mujer pobre e Muchacho jugando; foi premiado con medalla de prata. Na da Coruña de 1878 expuxo varios lenzos, entre eles La ramilletera e La plaza de toros. Nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1876, 1878 e 1881 presentou: Hilandera gallega, Un gaitero gallego, D. Juan de Austria, Vistas de la laguna, Gran canal, Astillero y Palacio de Otello en Venecia e Una ciociara (estudo).[2]
En 1880 obtivo praza na Escola de Belas Artes de Roma. En 1881 acompañou á corte na súa viaxe a Galicia, como correspondente da La Ilustración Gallega y Asturiana.[2]
Foi autor de retratos do rei Afonso XII e a raíña María Cristina, por cuxos traballos obtivo a Cruz de Carlos III.[2]
Teñen obra súa a Deputación da Coruña e o Museo de Belas Artes da Coruña.[3]
Galería de imaxes
editar-
Campesiña italiana. ca. 1880.
-
Fotografía de Idilio. 1886.
-
A dama triste. ca. 1875 - ca. 1887
-
O gaiteiro. 1876.
Notas
editar- ↑ "Noticias regionales". El Lucense (en castelán) (856). 22/8/1887. p. 2.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ossorio, Manuel (1884). Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (en castelán). Madrid. p. 342.Ossorio&rft.btitle=Galer�a biográfica de artistas españoles del siglo XIX&rft.date=1884&rft.genre=book&rft.pages=342&rft.place=Madrid&rft_id=http://bibliotecavirtual.malaga.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?presentacion=pagina&posicion=352&path=1160438®istrardownload=0&interno=S&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Antonio Jaspe Moscoso no Museo de Belas Artes da Coruña
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Jaspe Moscoso, Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 35. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 86. ISBN 84-7680-429-6.
- "Jaspe Moscoso, Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 206-207.
- "Jaspe Moscoso, Antonio". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1157. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Jaspe Moscoso, Antonio". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 483. ISBN 84-7680-288-9.
- "Jaspe Moscoso, Antonio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Jaspe Moscoso |
Ligazóns externas
editar- Bibliografía sobre Antonio Jaspe Moscoso en pintoresgallegos.com.