Antolín López Peláez
Antolín López Peláez, nado en Manzanal del Puerto (Villagatón, provincia de León) o 31 de agosto de 1866 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1918, foi un bispo e escritor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1866 Manzanal del Puerto, España |
Morte | 22 de decembro de 1918 (52 anos) Madrid, España |
Arcebispo de Tarragona | |
18 de xullo de 1913 – 23 de decembro de 1918 ← Tomàs Costa i Fornaguera (pt) – Francisco Vidal y Barraquer (pt) → Diocese: Arquidiocese de Tarragona | |
Bispo de Jaca | |
14 de novembro de 1904 – 18 de xullo de 1913 ← Francisco Javier Valdés y Noriega (en) – Manuel de Castro Alonso → Diocese: Diócesis de Jaca | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1889–) |
Membro de | |
Consagración | Gregorio Aguirre García |
Traxectoria
editarO pai era garda civil destinado en Manzanal del Puerto. Toda a súa familia paterna era de Noceda del Bierzo, onde viviu de neno algúns anos e foi á escola. Gañou unha bolsa para estudar no seminario de Astorga e fixo a carreira eclesiástica. Ordenado sacerdote, foi nomeado ecónomo de Mombuey e, posteriormente mordomo do seminario de Astorga. En 1890, con 23 anos, foi cóengo maxistral de Lugo, onde ademais de dedicarse ao profesorado, foi polemista na prensa católica. Colaborou en Revista Gallega. Permaneceu en Lugo seis anos e foi despois doutor da Metropolitana de Burgos. En 1905 foi nomeado bispo de Jaca e elixido senador pola súa provincia eclesiástica ata ser elixido arcebispo de Tarragona en 1913.
Investigador e historiador da igrexa de Lugo, pertenceu ás Reais Academias da Lingua, da Historia, de Belas Artes, e das Ciencias Morais e Políticas, ademais de ser membro correspondente da Real Academia Galega[1].
Obras
editar- La exposición continua del Santísimo en la santa iglesia catedral de Lugo, 1892.
- Las aras de la catedral de Lugo, 1892.
- El darwinismo y la ciencia, 1893.
- El Pontificado y el actual pontifice: libro escrito con motivo del jubileo episcopal de León XIII, 1893.[2]
- Historia del culto eucarístico en Lugo, 1894.
- El monasterio de Samos, 1894.
- Historia de la enseñanza en Lugo, 1894.
- Los benedictinos de Monforte, 1895.
- El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento), 1895, Biblioteca Gallega[3]
- El señorío temporal de los obispos de Lugo.
- Las poesías de Feijoo, sacadas á luz con un prólogo de Antolín López Peláez, 1899.[4]
- Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo, 1901, Biblioteca Gallega.[5]
- El Derecho español en sus relaciones con la Iglesia, 1902.
- Los daños del libro, 1905.
- La importancia de la prensa, 1907.
- El presupuesto del clero, 1910.
- San Froilán de Lugo, 1910.
- Elogio de Fray Martín Sarmiento, 1910[6]
- El gran rotativo católico, 1911.
- Vida póstuma de un santo (el culto de San Froilán), 1911.
- Museos diocésanos. Discurso en la inauguración del de Tarragona, 1914.
- La lucha contra la usura, 1917.
Predecesor: - |
Bispo de Jaca 1905 – 1913 |
Sucesor: - |
Predecesor: Tomàs Costa i Fornaguera |
Arcebispo de Tarragona 1913 – 1918 |
Sucesor: Francisco Vidal Barraquer |
Notas
editar- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ El Pontificado y el actual pontifice en Galiciana.
- ↑ López Peláez, A. (2002). El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento). Real Academia Galega.
- ↑ Las poesías de Feijoo Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana.
- ↑ Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo en Archive.org
- ↑ López Peláez, A. (1910). Elogio de Fray Martín Sarmiento. A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antolín López Peláez |
Bibliografía
editar- López Valcárcel, Amador (2005). "López Peláez, Antolín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar- Fernández-Couto Tella, M.; Azcoytia Luque, C. (2010). "Paseando pola historia de Galicia de banquete en banquete. II" (PDF). Adra (5): 184–191.Azcoytia Luque, C.&rft.au=Fernández-Couto Tella, M.&rft.date=2010&rft.genre=article&rft.issue=5&rft.jtitle=Adra&rft.pages=184-191&rft_id=http://museodopobo.gal/sites/default/files/2021-03/adra5web.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">