Antitoxina diftérica
A antitoxina diftérica é un medicamento constituído por anticorpos usado no tratamento da difteria.[1][2] Xa non se recomenda para a prevención da difteria.[2][3] Adminístrase por vía intravenosa ou intramuscular.[2]
Efectos secundarios e mecanismo
editarOs efectos secundarios deste medicamento son comúns.[3] Entre eles están a enfermidade do soro e as reaccións alérxicas incluída a anafilaxe.[2] A antitoxina diftérica obtense do plasma sanguíneo de cabalos que foron previamente inmunizados contra a toxina diftérica.[1] Funciona neutralizando as toxinas producidas pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, causante da difteria.[1]
Historia e cultura
editarA antitoxina diftérica foi desenvolvida e empezou a utilizarse medicamente a finais do século XIX.[4] É unha das medicinas esenciais da Organización Mundial da Saúde, entre as que se inclúen as medicinas máis efectivas e seguras necesarias para un sistema sanitario básico.[5] Nos Estados Unidos pode obterse do Centro de Control de Enfermidades (CDC),[1] pero en moitos outros países non está dispoñible, incluíndo moitos en Europa en 2008.[6]
Química
editarÉ unha solución de proteínas concentradas, principalmente globulinas, que contén anticorpos obtidos do sangue de cabalos que foron inmunizados contra a toxina diftérica.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Our Formulary | Infectious Diseases Laboratories | CDC". www.cdc.gov. 22 September 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 December 2016. Consultado o 9 December 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 WHO Model Formulary 2008 (PDF). World Health Organization. 2009. p. 397. ISBN 9789241547659. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 December 2016. Consultado o 8 January 2017.
- ↑ 3,0 3,1 British national formulary : BNF 69 (69 ed.). British Medical Association. 2015. p. 850. ISBN 9780857111562.
- ↑ Hau, Jann; Schapiro, Steven J.; Jr, Gerald L. Van Hoosier (2004). Handbook of Laboratory Animal Science, Second Edition: Animal Models (en inglés). CRC Press. p. 6. ISBN 9781420039627. Arquivado dende o orixinal o 2017-09-23.
- ↑ "WHO Model List of Essential Medicines (19th List)" (PDF). World Health Organization. April 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 December 2016. Consultado o 8 December 2016.
- ↑ Wagner, KS; Stickings, P; White, JM; Neal, S; Crowcroft, NS; Sesardic, D; Efstratiou, A (10 December 2009). "A review of the international issues surrounding the availability and demand for diphtheria antitoxin for therapeutic use.". Vaccine 28 (1): 14–20. PMID 19818425. doi:10.1016/j.vaccine.2009.09.094.