O antiimperialismo[2] é unha posición política xurdida a finais do século XIX que se caracteriza por unha categórica oposición ó imperialismo. O pensamento antiimperialista está estreitamente vinculado ó cuestionamento dos mecanismos de dependencia neocolonial caracterizados por mecanismos de suxeición económicos e financeiros, así como os chamados procesos de liberación nacional.

Estatua do patriota cubano José Martí[1] (1853-1895) coa tribuna antiimperialista da Habana de fondo.

Aínda sen usar o termo «imperialismo» ou «antiimperialismo», o pensamento antiimperialista tivo as súas primeiras manifestacións a finais do século XIX cando, co auxe do comercio e as finanzas internacionais, quedou en evidencia que existían novos mecanismos de dominación que non implicaban necesariamente as clásicas conquistas de anexión imperiais.

Aínda que as primeiras protestas contra o colonialismo realizounas o utilitarista inglés Jeremy Bentham no seu manifesto Emancipade as vosas colonias. a primeira presenza dun pensamento antiimperialista rexístrase nos Estados Unidos impulsado polo escritor Mark Twain.[3][4] En 1898, Twain fundou a liga Antiimperialista dos Estados Unidos, con sede en Boston, inicialmente para combater a acción estadounidense na Guerra de Cuba, permanecendo até 1921.

En 1902, apareceu o libro de John A. Hobson Imperialismo: un estudo e en 1916, Lenin escribiu a súa soada obra O imperialismo, etapa superior do capitalismo, que difundiu en todo o mundo a noción.

Porén, existe unha diferenza profunda entre a noción de «imperialismo» tal como resulta das análises de Hobson e Lenin, do «antiimperialismo» como posición política. A idea de «antiimperialismo» pon o acento na chamada «cuestión nacional» e na necesidade de garantir ós pobos a posibilidade de desenvolverse de xeito autónomo a través do seu dereito de autodeterminación.

  1. Fernández Retamar, Roberto: «José Martí en los orígenes del antiimperialismo latinoamericano», artículo en Foster, David William, y Altamiranda, Daniel: Spanish American Literature: From Romanticism to Modernismo in Latin America. Nueva York y Londres: Garland, 1997; págs. 247-255.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antiimperialismo.
  3. http://www.alcoberro.info/docs/assets/pdf/Bentham2.pdf
  4. Twain, Mark (2006): Antiimperialismo: patriotas y traidores. Barcelona: Icaria, 2006.