Anthony Johnson

baloncestista estadounidense

Anthony Mark Johnson, nado o 2 de outubro de 1974 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense actualmente sen equipo, sendo o último no que xogou os Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 xoga na posición de base.

Modelo:BiografíaAnthony Johnson

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Charleston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollege of Charleston (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso90 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata - 2010 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Brooklyn Nets
Sacramento Kings
Indiana Pacers
Orlando Magic
Dallas Mavericks
Cleveland Cavaliers
Atlanta Hawks
Mobile Revelers
1992–1997 Charleston Cougars men's basketball

Traxectoria

editar

Universidade

editar

Tras liderar ao Instituto Stall de Carolina do Sur ao campionato AA de fútbol americano, Johnson recibiu unha bolsa de baloncesto do College of Charleston, onde o seu irmán máis vello Steven sobresaíu anos antes. No seu ano sénior, foi nomeado xogador do ano na súa conferencia e liderou a Charleston ao torneo da NCAA.

Johnson foi o primeiro xogador de College of Charleston en ser elixido no Draft da NBA, seleccionado polos Sacramento Kings na 40ª posición da segunda rolda en 1997. Na súa primeira tempada na liga fixo unha media 7.5 puntos en 62 encontros. Nas seguintes campañas xogaría nos Atlanta Hawks, Orlando Magic, Cleveland Cavaliers e New Jersey Nets, sen pasar de ser un xogador das profundidades do banco ou incluso temporal. Na 2003-04 fichou polos Indiana Pacers, onde a súa traxectoria rexurdiu, cunha media de 22 minutos de xogo e 6.5 puntos por partido. Pasou dúas tempadas máis en Indiana, onde acadou máis de 27 minutos e 9 puntos de media.

Nos playoffs de 2006, Johnson realizou o mellor partido da súa traxectoria anotando 40 puntos ante os New Jersey Nets no sexto encontro da primeira rolda.

En verán de 2006, foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio do base Darrell Armstrong, e os aleiros Josh Powell e Rawle Marshall. Durou pouco no equipo, xa que o 22 de febreiro de 2007 enviárono aos Atlanta Hawks por unha elección de segunda rolda do draft, cumprindo a súa terceira etapa nos Hawks da súa traxectoria.

O 16 de febreiro de 2008 foi traspasado aos Sacramento Kings xunto con Shelden Williams, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha segunda rolda do draft de 2008 a cambio do base Mike Bibby. Tras xogar ata final da tempada nos Kings, Johnson fichou por Orlando Magic por dúas tempadas.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar