Antón Gómez-Reino

político galego

Antón Gómez-Reino Varela, nado como Antonio Gómez-Reino Varela e coñecido como Toné, nado na Coruña o 7 de marzo de 1980, é un político galego.

Modelo:BiografíaAntón Gómez-Reino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Podemos

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
17 de maio de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Secretario Xeral Podemos Galicia
2018 –
← Carmen Santos Queiruga
Deputado no Congreso dos Deputados
18 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEn Común
Podemos Galicia Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de xaneiro de 2014Moure fitxa: convertir la indignació en canvi polític (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Facebook: anton.gomezreinovarela Twitter: tone_corunha Instagram: antongomezreino Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É técnico en saúde ambiental e activista social na Coruña. Foi un dos asinantes do Manifiesto Mover Ficha, que iniciou o movemento que callou en Podemos. Foi un dos impulsores da Marea Atlántica. En xaneiro de 2015 integrouse no equipo de Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral do partido en Galicia.[1]

É deputado no Congreso dos Deputados dende 2016 (XI lexislatura). Encabezou a lista de En Marea pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016, así como a lista de En Común-Unidas Podemos pola mesma circunscrición nos comicios de abril e de novembro de 2019.

Foi secretario xeral de Podemos en Galicia dende outubro de 2018, cando gañou as eleccións primarias sobre Carolina Bescansa[2]. Mantívose ata decembro de 2022, cando foi substituído por Borja San Ramón.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido como candidato do Grupo Común da Esquerda para a presidencia da Xunta de Galicia, como líder da coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas.[3] A formación non obtivo ningún escano, polo que se mantivo como deputado no Congreso.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar