Anna R. Figueiredo

profesora e escritora galega

Ana Belén Rodríguez Rodríguez, coñecida polo pseudónimo Anna R. Figueiredo,[1] nada en Ourense o 17 de setembro de 1979, é unha profesora e escritora galega.

Modelo:BiografíaAnna R. Figueiredo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, profesora Editar o valor en Wikidata

Sitio webannafigueiredo.gal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5864479 AELG: 574 BUSC: figueiredo-anna-r-1979 Dialnet: 4769238

Traxectoria

editar

Estudou secundaria no Colexio Marista Santa María de Ourense e licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela[2] e doutorouse en 2009 na Universidade de Sheffield coa tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo)[3]. Exerceu como profesora de Física e Tecnoloxía no ensino secundario en Santiago no Colexio La Salle e en 2020 no IES As Barxas de Moaña e noutros centros.

Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012).

En 2018 gañou o Premio Viadutos de Novela con Os bicos feridos. Na novela unha moza que emigra a Londres sostén unha trama en que “se van debullando temas de fondo calado como a importancia das redes sociais na vida moderna, a complexidade das relacións familiares, a maternidade ou o medo á morte”.[4] Segundo Ramón Nicolás: "as páxinas de Os bicos feridos constrúense grazas a unha serie de diversas voces narrativas, tratadas con solvencia na súa singularidade, onde a presenza de recursos como son o uso das redes sociais ou ese continuo, e marabilloso, pano de fondo musical sempre presente, conforman unha novela intensa...".[5]

En marzo de 2019 a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia presentou Feminismos. A historia cóntana as vencedoras no que Anna R. Figueiredo fai un percorrido da situación das mulleres dende a prehistoria ata o día de hoxe.[6] A obra tamén fai un repaso do feminismo en Galicia, as vangardas e a loita polo apoderamento da muller no resto de España.[7]

 
Presentando Tabiba de María Xosé Porteiro en Bueu, con Xabier Romero, a autora do libro e Santiago Ferragud. Organizador: Libraría Miranda. 8 de xuño de 2023.

En 2020 asumiu a vicepresidencia da AELG.[8]

Publicacións

editar

Novela

editar

Ensaio

editar
  • Feminismos. A historia cóntana as vencedoras (2019). Galaxia.
  • FIM, unha historia do Intercéltico (2024). Con Diego Seixo. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-543-6.[11]

Obras colectivas

editar
  • O libro dos trens (2018). Galaxia.

Publicacións colectivas de Ana Belén Rodríguez sobre Física[3]

editar
  • J. C. Pinto, G. L. Whiting, S. Khodabakhsh, L. Torre, A. B. Rodríguez, R. M. Dalgliesh, A. M. Higgins, J. W. Andreasen, M. M. Nielsen, M. Geoghegan, W. T. S. Huck, e H. Sirringhaus "Organic thin film transistors with polymer brush gate dielectrics synthesized by atom transfer radical polymerization" Adv. Funct. Mater. 18 36-43 (2008).
  • S. S. Chang, A. B. Rodríguez, A. M. Higgins, C. Liu, M. Geoghegan, H. Sirringhaus, F. Cousin, R. M. Dalgliesh e Y. Deng "Control of roughness at interfaces and the impact on charge mobility in all-polymer field-effect transistors" Soft Matter 4 2220-4 (2008).
  • A. B. Rodríguez, M. M. Voigt, S. J. Martin, T. J. Whittle, R. M. Dalgliesh, R. L. Thompson, D. G. Lidzey, e M. Geoghegan "Structure of films of poly(3,4-ethylene dioxythiophene)-poly(styrene sulfonate) crosslinked with glycerol" J. Mater. Chem. 21 19324-30 (2011).
  •  
    Presentando Biscoito de laranxa, de Daniel Chapela, en Bueu, 29 de xuño de 2024
    A. B. Rodríguez, M. R. Tomlinson, S. Khodabakhsh, J.-F. Chang, F. Cousin, D. Lott, H. Sirringhaus, W. T. S. Huck, A. M. Higgins, e M. Geoghegan "All-polymer field-effect transistors using a brush gate dielectric" J. Mater. Chem. C 1 7736-41 (2013).

Premios

editar
  • 2014: Gañadora do Premio Quintal Literario na ANL da Uvigo: Carrapuchiña liberada de Ana Belén Rodríguez Rodríguez.[12]
  • 2014: 1ª Premio do IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia. Categoría: Galego-Adulto: O bosón G de Higgs de Ana Belén Rodriguez.[13]
  • 2015: XIII Certame de relato curto en galego “Concello de Mugardos” Letras Galegas 2015 “a nosa lingua, a nosa identidade”. Categoría iguais ou maiores de 18 anos: Mamacita!. Pseudónimo: Iseo Setelúas.[14]
  • 2018: Premio Viadutos de Novela.[15]
  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: a". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-03-05. 
  2. "Anna R. Figueiredo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  3. 3,0 3,1 "Ana Belen Rodríguez-Rodríguez". www.markgeoghegan.org (en inglés). Consultado o 2019-03-05. 
  4. "Unha novela sobre migracións contemporáneas gaña o Viadutos de Redondela". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  5. Nicolás, Ramón (2019-02-02). "Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo". Caderno da crítica. Consultado o 2019-03-05. 
  6. "A Xunta presenta o libro “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras” que fai un percorrido pola historia do feminismo desde a prehistoria". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2019-03-05. 
  7. "'Feminismos', un manual para comprender a loita das mulleres ao longo da historia". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-03-05. 
  8. Diario, Nós. "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-11-26. 
  9. "Os bicos feridos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  10. Valverde, Alberte (Abril, maio, xuño 2019). "Un remuíño de sombras no século 21". Grial LVII (222). ISSN 0017-4181. 
  11. "Presentaión do libro: FIM, unha historia do Intercéltico. De Anna Figueiredo e Diego Seixo". Consultado o 2024-08-22. 
  12. "Premios Quintal Literario - María Belén Poutón Reboredo". cmar.media.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  13. "IV Concurso de Relatos de Inspiración Científica Inspiraciencia". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-05. 
  14. "Fallo do Certame de Relato Curto". concellodemugardos.gal. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/10/2019. Consultado o 05/03/2019. 
  15. culturagalega.org (2018-07-27). "A obra 'Os bicos feridos' acadou a unanimidade do xurado". culturagalega.org. Consultado o 2019-03-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar