Angkor

rexión histórica de Camboxa

Angkor é un nome asociado á rexión de Camboxa na que se asentou o Imperio Khmer, que tivo o seu apoxeo entre os séculos IX e XV da nosa era. O período de Angkor pode definirse coma o período dende 802, cando o monarca Khmer hinduísta Jayavarman II se autodeclarou "monarca universal" e "rei divino" de Camboxa, ata 1431, cando os invasores tailandeses saquearon a capital Khmer, provocando que a súa poboación tivese que migrar á área meridional de Phnom Penh.

Modelo:Xeografía físicaAngkor
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deAngkor Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Siem Reap, Camboxa Editar o valor en Wikidata
Mapa
 13°26′00″N 103°50′00″L / 13.433333333333, 103.83333333333
Composto por
54
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 35.100 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data1992 (16ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
En perigo1992 - 2004  Editar o valor en Wikidata
Identificador668-001
Historia
Cronoloxía
1992-2004lista do Patrimonio Mundial en Perigo
1431 asedio de Angkor Editar o valor en Wikidata

Sitio webangkorenterprise.gov.kh Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456622

As ruínas de Angkor localízanse entre fragas e terras de labranza ao norte do Gran Lago (Tonle Sap) e o sur das Montañas Kulen, preto da actual Siem Reap. Foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1] Os templos da área correspondente a Angkor superan o centenar, abarcando dende ruínas pouco definidas esparexidas nos campos de arroz ata a magnífica Angkor Wat, da que din é o monumento relixioso individual máis grande do mundo. Moitos dos templos de Angkor foron restaurados, e no seu conxunto constitúen as obras máis significativas da arquitectura Khmer. Son visitados anualmente por preto de dous millóns de persoas.

A área componse de varias localizacións arqueolóxicas de grande importancia:

En 2007 un equipo internacional de investigadores concluíu, mediante fotografías tomadas por satélite e outras técnicas modernas, que Angkor foi a meirande cidade preindustrial do mundo cunha expansión urbana de máis de 3.000 km². A segunda desta lista, a cidade maia de Tikal (Guatemala) tiña entre 100 e 150 km².

Angkor participou na elección das Novas sete marabillas do mundo como unha das 21 finalistas, aínda que finalmente non foi elixida.

  1. "28th Anniversary of Angkor in the UNESCO World Heritage List". www.unesco.org (en inglés). Consultado o 05-03-2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar