Andrónico III Paleólogo

Andrónico III Paleólogo, nado contra o 1296 e finado o 15 de xuño de 1341, foi un emperador bizantino e fillo de Miguel (IX) e da princesa Rita de Armenia.

Modelo:BiografíaAndrónico III Paleólogo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1297 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Constantinopla (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 1341 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Constantinopla (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
24 de maio de 1328 – 15 de xuño de 1341
← Andrónico II PaleólogoXoán V Paleólogo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAna de Saboia (1326–)
Irene de Brunswick (1318 (Gregoriano)–1324) Editar o valor en Wikidata
FillosIrene Paleóloga de Trebisonda
 ()
Maria-Irene Palaiologina
 () Ana de Saboia
Miguel Paleólogo
 () Ana de Saboia
Xoán V Paleólogo
 () Ana de Saboia
Maria Palaiologos
 () Ana de Saboia Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel IX Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Rita da Armênia Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodora Paleóloga
Anna Palaiologina
Manuel Paleólogo Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Palaiologos-15

Traxectoria

editar

Durante a súa mocidade, o seu comportamento foi tan violento que, trala morte do seu pai Miguel en 1320, o seu avó Andrónico II decidiu desposuílo do seu dereito ao trono. Andrónico rebelouse, pois contaba cun poderoso grupo de apoios, e iniciouse unha guerra civil cuxa primeira fase acabou coa súa coroación e aceptación como co-emperador do seu avó en 1325. As disputas reiniciáronse e, a pesar do apoio dos búlgaros, o vello emperador viuse obrigado a abdicar en 1328.

O seu primeiro ministro durante esta época foi Xoán Cantacuzeno, que logo reinaría como Xoán VI. Durante o seu reinado, Andrónico III estivo case constantemente en guerra, sobre todo cos turcos otománs, que expandiron o seu territorio, conquistando case toda Asia Menor antes da chegada ao poder de Andrónico. No seu reinado, Nicea caeu en mans do emir otomán Orhan I en 1331, e Nicomedia en 1337. Tras estas perdas, só Filadelfia e algúns portos seguiron estando baixo control bizantino. Andrónico anexionou gran parte de Tesalia e de Epiro, pero se perderían poucos anos logo da súa morte, durante un novo período de guerra civil, arrebatados polo crecente poder de Serbia baixo Stefan Dusan. Tamén reorganizou a armada e recuperou Lesbos, Focea e Quíos que estaban en mans dos xenoveses. Morreu en 1341, e foi sucedido polo seu fillo Xoán V Paleólogo.

Imperio Bizantino

Segue a:
Andrónico II Paleólogo
Andrónico III Paleólogo
Precede a:
Xoán V Paleólogo
Dinastía Paleólogo