Anduriña común
A anduriña común,[2] comunmente andoriña ou anduriña[3] (Hirundo rustica) é unha pequena ave insectívora migratoria que se atopa en África, Europa, Asia e América. As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara ao norte, chegando mesmo ata o círculo polar ártico, mentres pasan o inverno en África.
Anduriña común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Subespecie europea, H. r. rustica en Dinamarca | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Hirundo rustica Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución de H. rustica
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Catro aves escollidas —Popular[4]
|
A plumaxe da andoriña é negra azulada no dorso e branca no peito. O peteiro é curto, a cola acuminada e dividida en dúas gallas, as ás fortes e longas e as patas curtas. Miden arredor de 19 cm e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os voos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semiabertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire.
Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Hirundo rustica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anduriña.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da andoriña. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 65. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Gravación de andoriñas Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |