Andhra Pradesh
Andhra Pradesh (en telugu: ఆంధ్ర ప్రదేశం), é un dos estados da India localizado no leste do país. É o oitavo meirande estado do país, abranguendo unha área de 162 970 km².[1] A súa capital é Hyderabad. Outras cidades importantes son Guntur, Vijayawada, Vishakhapatnam e Warangal.
आंध्र प्रदेश (mr) ஆந்திரப் பிரதேசம் (ta) ఆంధ్ర ప్రదేశ్ (te) ಆಂಧ್ರ ಪ್ರದೇಶ (kn) ଆନ୍ଧ୍ର ପ୍ରଦେଶ (or) | |||||
Himno | Maa Telugu Thalliki (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Kalash (en) Jasminum Periquito-de-colar (pt) Antilope cervicapra Árbore do nim | ||||
Epónimo | Telugu people (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
País | India | ||||
Capital | Amaravati | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 49.634.314 (2011) (304,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua telugu | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 162.970 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de novembro de 1956 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe de estado | S. Abdul Nazeer (en) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Council of Ministers of Andhra Pradesh (en) | ||||
• Chief Minister of Andhra Pradesh (en) | Y. S. Jaganmohan Reddy (en) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Andhra Pradesh Legislature (en) , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IN-AP | ||||
Sitio web | ap.gov.in | ||||
Limita polo norte con Maharashtra, Chhattisgarh e Orissa, polo leste coa Baía de Bengala, polo sur con Tamil Nadu e polo oeste con Karnataka. Con 276.754 km², equivalentes a un 8,4 % do total do territorio indio.[2]
Economía
editarA agricultura foi de sempre a principal fonte de ingresos do estado. O arroz, a cana de azucre, o algodón e o tabaco son os principais cultivos. Recentemente estanse a desenvolver algunhas industrias como as das tecnoloxías da información e a biotecnoloxía.
Hyderabad, capital de Andhra Pradesh, é a quinta cidade da India, cunha importante cultura e unha industria crecente, convivindo tradición e tecnoloxía. Hyderabad, ao igual que Bangalore, converteuse nun dos principais puntos de investimento do país. O principal porto do estado está na cidade de Vizag.
Turismo
editarEn Andhra Pradesh áchanse numerosos centros de peregrinación. Tirupati é un dos templos hinduístas máis visitados do país. As covas de Borra, cunha antigüidade de máis dun millón de anos, ou o val de Araku son outros dos principais destinos turísticos da rexión.
Notas
editar- ↑ "AP Socio-economic Survey 2016-17" (PDF). Official website of Government of Andhra Pradesh. Government of Andhra Pradesh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2017.
- ↑ "Andrha Pradesh Facts & Figures" Arquivado 21 de marzo de 2014 en Wayback Machine. no portal oficial do goberno de Andrha Pradesh (en inglés). Consultado o 27/V/2011.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: India |