Anfisbenios
A dos anfisbenios (Amphisbaenia), tamén chamados anfisbenas,[2] ou cobras cegas,[3] é unha suborde peculiar e pouco coñecida de réptiles escamosos adaptados á vida no subsolo.
Anfisbenios Amphisbaenia Anfisbenas Rango fósil: Cretáceo - actualidade (99 – 0 Millóns de anos)[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A cobra cega (Blanus cinereus), a única especie europea da suborde | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Área de distribución dos anfisbenios
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
Son de pequeno tamaño (a maioría das especies miden menos de 15 cm) de lonxitude. Como as serpentes, carecen de patas (agás as especies do xénero Bipes, que aínda conservan o par anterior), polo que superficialmente son parecidas a miñocas de terra, e presentan claras adaptacións ao medio subterráneo, como a capacidade de escavar e desprazarse pregando a súa pel como un acordeón. A súa cabeza, maciza, sen oído externo e cos ollos atrofiados, fai que se distinga mal do extremo oposto do corpo.
Son capaces de desplazárense tanto en dirección cara a adiante como cara a atrás, e por iso déuselles o nome de Amphisbaenia ("os que van en dúas direccións").
Coñécense unhas 190 especies, a maior parte delas en África e América do Sur.
Taxonomía
editarDescrición
editarO grupo foi descrito en 1844 polo naturalista británico John Edward Gray, que lle outorgou a categoría de orde.[4]
Etimoloxía
editarO nome científico Amphisbaenia Gray tomouno da raíz do nome da serpe monstruosa da mitoloxía grega Anfisbena (en grego antigo Ἄμφισβαίνα Amphisbaína, de ἀμφίς amphís, "dos dous lados", e βαίνω baínō, "andar", "moverse", transcrita en latín clásico como Amphisbaena.[5] coa adición do sufixo -ia, indicando plural.
Clasificación
editarMoitos dos autores na actualidade recoñecen na suborde as seis familias seguintes:
- Amphisbaenidae J. E. Gray, 1865 – Anfisbénidos, anfisbenas tropicais de Suramérica, algunhas illas do Caribe e da África subsahariana.[6] (17 xéneros).
- Bipedidae Taylor, 1951 – Bipédidos, só en México, onde se coñecen co nome común ajolotes,[7] )non confundir co axolote) (1 xénero)
- Blanidae Kearney & Stuart, 2004.[8] - Blánidos, anfisbenas de Anatolia, a Península Ibérica e Marrocos (1 xénero)
- Cadeidae Vidal & Hedges, 2008 – Dadeidos, anfisbena de Cuba (1 xénero). Tradicionalmente incluída nos anfisbénidos, pero o ADN mostra que está máis cerca dos blánidos.[9]
- Rhineuridae Vanzolini, 1951 – Rinéuridos, anfisbenas de Norteamérica.[10] (1 xénero)
- Trogonophidae J. E. Gray, 1865 – Anfisbenas do Paleártico.[11] (4 xéneros)
Filoxenia
editarO seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre as seis familias de anfisbenas determinadas por análises filoxenética de xenes mitocondriais e nucleares por Vidal et al. (2008).[9]
Amphisbaenia |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ Wu X.-C.; D. B. Brinkman, A. P. Russell, Z.-M. Dong, P. J. Currie, L.-H. Hou, & G.-H. Cui (1993): "Oldest known amphisbaenian from the Upper Cretaceous of Chinese Inner Mongolia." Nature 366: 57–59.
- ↑ anfisbena, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega.
- ↑ & Gray, J. E. 1844, p. 68.
- ↑ amphisbaena no Merriam-Websrer Unabriged Dictionary,
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Amphisbaenidae (TSN 209627)" (en inglés).
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Bipedidae (TSN 564539)" (en inglés).
- ↑ "Blanidae". Dahms Tierleben. www.dahmstierleben.de.
- ↑ 9,0 9,1 Vidal, N.; Azvolinsky, A.; Cruaud, C. & Hedges, S. B. (2008): "Origin of tropical American burrowing reptiles by transatlantic rafting". Biology Letters 4 (1): 115–118.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Rhineuridae (TSN 564535)" (en inglés).
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Trogonophidae (TSN 209638)" (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anfisbenios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anfisbenios |
Bibliografía
editar- Branch, W. R. (2004): Field Guide to Snakes and Other Reptiles of Southern Africa. Third Revised edition, Second Impression. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Books. 399 pp. ISBN 0-8835-9042-5. (Suborde Amphisbaenia, pp. 201–202.)
- Gans, C. (2005): "Checklist and Bibliography of the Amphisbaenia of the World". Bull. American Mus. Nat. Hist. 289: 1-130.
- Goin, C. J.; O. B. Goin & G. R. Zug (1978): Introduction to Herpetology, Third Edition. San Francisco: W.H. Freeman and Company. xi 378 pp. ISBN 0-7167-0020-4. (Suborde Amphisbaenia, pp. 276–278.)
- Gray, J. E. (1844): Catalogue of the Tortoises, Crocodiles, and Amphisbænians, in the Collection of the British Museum. Londres: Trustees of the British Museum. (E. Newman, printer.) viii 80 pp. (Orde "Amphisbænia", p. 68.)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Amphisbaenia na ADW.
- Amphisbaenians. Amphisbaenia Arquivado 31 de outubro de 2019 en Wayback Machine. na EOL.