Amando Losada
Amando Losada Díaz, nado en Segán (O Saviñao) o 24 de decembro de 1908 e finado en Escairón o 9 de xaneiro de 1980, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1908 Segán, España |
Morte | 9 de xaneiro de 1980 (71 anos) Escairón, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Traxectoria
editarCursou o bacharelato no Instituto de Lugo e colaborou en Alborada e máis adiante en Heraldo de Galicia de Ourense. Licenciouse en Dereito en 1928, sendo un dos organizadores da Federación Universitaria de Estudiantes (FUE). Entre 1931 e 1936 exerceu a avogacía, foi oficial primeiro do concello do Saviñao, e coordinou a política e administración municipal na comarca de Terra de Lemos. Militou en Izquierda Republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto;[1] foi encarcerado na prisión de Monforte o 31 de agosto de onde saíu o 14 de febreiro de 1938. Foi condenado en 1939 á pena de confinamento en Palas de Rei, onde residiu ata a súa morte.
O exercicio profesional levouno ao estudo e coñecemento das institucións do dereito galego, escribindo numerosos traballos, sobre todo na revista Foro Gallego, nos que analiza a compañía familiar galega, a aparcería, o dereito de labrar e posuír, as comunidades de augas e outras, destacando a súa comunicación sobre "O contrato do vitalizo", presentada no I Congreso de Dereito Galego (A Coruña, 1972). Tamén deixou un traballo inédito sobre o curso do río Miño.
Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego. Foi vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Deputacións, membro do Consello de Cultura na provincia de Lugo e vogal da Comisión de Toponimia de Galicia.
Obras
editar- Guía del camino francés de la provincia de Lugo, con Eduardo Seijas Vázquez, 1966.
Artigos
editar- "Evolución demográfica de Palas de Rei" (revista Lucus).
- "Glosa del paisaje gallego" (Grial, 1955).
- Artigo en Homaxe da Galicia Universal (Caracas, 1955).
- "Los hospitales de peregrinos de Ulloa" (El Correo Gallego, 11-XI-1971).
Premio Amando Losada
editarEn 2003 o Consello da Avogacía Galega instituíu o Premio Xurídico Amando Losada para premiar un traballo xurídico en lingua galega entre avogados xoves e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 11-8-1936, p. 2.