Amal Nasir
Amal Tahir Muhamad Nasir (árabe: أمل طاهر محمد نصير), nada en Irbid o 9 de setembro de 1959, é unha escritora, crítica literaria e académica xordana.[1]
Nome orixinal | (ar) أمل نصير |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de setembro de 1959 (65 anos) Irbid, Xordania (pt) |
Educación | Universidade da Jordânia (pt) - Q101421733 (–1995) Yarmuk University (pt) - Q99228297 (–1982) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, crítica literaria, profesora |
Membro de |
Traxectoria
editarRematou a educación secundaria na Escola Tiberias da súa vila natal en 1977. Graduouse en Lingua e literatura árabe pola Universidade Yarmouk en 1982, e nese mesmo ano recibiu o diploma de docente de secundaria. En 1987 rematou un mestrado de Literatura e crítica, e en 1995 doutorouse pola Universidade de Xordania.
Traballou na Universidade de Mosteghanemi en Alxeria. É membro da Asociación de Escritores de Xordania, do corpo administrativo da Sociedade Xordana para a Ciencia e a Cultura, membro do Forum Cultural de Irbid, do Centro de Estudos da Muller de Amán e do Consello Internacional da Lingua Árabe no Líbano.[2]
O 23 de maio de 2016 o Presidente da Universidade Yarmouk, Refaat Faouri, nomeouna asistente e directora do Centro de Linguas.[3]
Notas
editar- ↑ "Dr Amal Nasir Author". eKtab. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Appointment of Prof. Amal Nasir as a member of the Board of Trustees of the Irbid National University". TLB News. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 28 de xullo de 2017.
- ↑ "Dr . Amal Nasir Assistant to the President of Yarmouk University". Jordan Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2017.