Amador Díaz Penín
Amador Díaz Penín, nado en Hannover en 1972, é un labrego e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Hannover, Alemaña |
Alcalde de Xinzo de Limia | |
2023 – | |
Actividade | |
Ocupación | labrego, político |
Traxectoria
editarAgricultor. Propietario de Patatas Ama, traballa nunha empresa de produtos agrícolas. É presidente da Asociación de Produtores de Pataca da Limia e presidente da Comunidade de Regantes Alta Limia. Nas eleccións municipais de 1999 foi candidato número 5 do BNG ao concello de Xinzo de Limia, foi elixido concelleiro e foi concelleiro de Cultura. Nas municipais de 2003 encabezou a lista do BNG e foi elixido concelleiro. Volveu encabezar a candidatura do BNG nas municipais de 2007 e 2011, e volveu ser elixido concelleiro. En marzo de 2012 abandonou o BNG e cesou como concelleiro.[1] Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) que obtivo 2 concelleiros e apoiou a candidata do PSdeG-PSOE Elvira Lama Fernández. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura de Alternativa por Xinzo de Limia (AXIL) e obtivo tres concelleiros, pero foi elixido alcalde Xinzo de Limia grazas ao apoio dos catro concelleiros do PPdeG.[2]
Predecesor: Elvira Lama Fernández |
Alcalde de Xinzo de Limia 2023 - actuaalidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- “Pactar co PP? Faremos o mellor para Xinzo”, entrevista en DiariodoLimia.
- Entrevista a Amador Díaz Penín Arquivado 17 de xuño de 2023 en Wayback Machine.