Renfe Alvia é un servizo ferroviario para transporte de viaxeiros de longa distancia e velocidade alta do operador público español Renfe. Caracterízase por ser de rodadura desprazable, o que permite percorrer vías de largo ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de largo entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Tren Alvia Madrid-Barcelona (serie 120, fabricado por CAF)
Tren Alvia Madrid-Xixón (serie 130, fabricado por Talgo)
Alvia S130 en Alacant

Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a discapacitados e cafetería.

Historia

editar

Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.

En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.

Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.

O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.

O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.

A frota de trens Alvia componse das seguintes unidades:

  • Serie 120, fabricada por CAF, dispón de 81 prazas de clase preferente y 156 de clase turista. Componse de 4 coches con tracción distribuída.
  • Serie 121, fabricada por CAF, dispón de 282 prazas de clase turista. Componse de 4 coches con tracción distribuída.
  • Serie 130, fabricada por Talgo, dispón de 63 prazas de clase preferente e 236 de clase turista. Componse de 11 remolques Talgo e dúas cabezas tractoras.
  • Serie 730, fabricada por Talgo, é unha modificación da Serie 130 para convertilo nun tren híbrido que permite a circulación das unidades por vías electrificadas ou sen electrificar.

Servizos comerciais (Actualizado o 09/05/2021)

editar
Servizos comerciais
Nº de Tren Orixe Destino Frecuencias Material
00437 Bilbao - Abando Barcelona - Sants Diario S-120
00438 Barcelona - Sants Bilbao - Abando Diario S-120
00530 Barcelona - Sants Irún DIario S-120
00533 Irún Barcelona - Sants Diario S-120
00600 Pamplona Madrid - Puerta de Atocha Só Sábados S-120
00603 Madrid - Puerta de Atocha Pamplona Só Sabados S-120
00605 Madrid - Puerta de Atocha Pamplona L-M-X-J-V S-120
00606 Pamplona Madrid - Puerta de Atocha Diario S-120
00609 Madrid - Puerta de Atocha Pamplona Só Domingos S-120
00610 Pamplona Madrid - Puerta de Atocha Só Domingos S-120
00621 Vigo-Guixar Barcelona - Sants L-J-S S-130
00622 Barcelona - Sants Vigo-Guixar X-V-D S-130
00625 A Coruña Barcelona - Sants M-X-V-D S-130
00626 Barcelona - Sants A Coruña L-M-J-S S-130
00631 Salamanca Barcelona - Sants Diario S-130
00632 Barcelona - Sants Salamanca Diario S-130
00701 Madrid - Puerta de Atocha Logroño Diario S-120
00702 Logroño Madrid - Puerta de Atocha DIario S-120
00801 Madrid - Puerta de Atocha Pamplona Diario S-120
00802 Pamplona Madrid - Puerta de Atocha L-M-X-J-V S-120
02084 Madrid - Puerta de Atocha Cádiz Diario S-130
02085 Cádiz Madrid - Puerta de Atocha Diario S-130
02134 Madrid - Puerta de Atocha Cádiz Diario S-130
02135 Cádiz Madrid - Puerta de Atocha Diario S-130
02164 Madrid - Puerta de Atocha Cádiz Diario S-130
02175 Cádiz Madrid - Puerta de Atocha Diario S-130
02205 Huelva Madrid - Puerta de Atocha Só Sábados S-120
02285 Huelva Madrid - Puerta de Atocha L-M-X-J-V S-120
02365 Huelva Madrid - Puerta de Atocha Só Domingos S-120
02384 Madrid - Puerta de Atocha Huelva L-M-X-J-V-D S-120
02394 Madrid - Puerta de Atocha Huelva Só Sábados S-120
04064 Ferrol Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Diario S-730
04071 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Gijón Diario S-130
04072 Santander Alacant - Terminal DIario S-130
04086 Irún Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Domingos non circula S-120
04110 Gijón Castelló DIario S-130
04111 Castelló Gijón Diario S-130
04114 Lugo Madrid - Chamartín - Clara Campoamor DIario S-730
04143 Alacant - Terminal Santander DIario S-130
04145 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Ferrol Diario S-730
04166 Irún Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Só circula Domingos S-120
04167 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Irún Diario S-120
04180 Gijón Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Diario S-130
04185 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Pontevedra Diario S-730
04185 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor A Coruña Circula ocasionalmente. S-730
04186 Bilbao - Abando Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Domingos non circula S-120
04192 Santander Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Diario S-130
04193 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Santander Diario S-130
04254 Pontevedra Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Diario S-730
04266 Bilbao - Abando Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Só circula Domingos S-120
04267 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Bilbao - Abando Diario S-120
04275 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Pontevedra Diario S-730
04325 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Lugo Diario S-730
04354 Pontevedra Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Diario S-730
04868 Salamanca Madrid - Chamartín - Clara Campoamor L-M-X-J-V S-121
04898 Salamanca Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Só Sábados e Domingos S-121
04899 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Salamanca Só Sábados e Domingos S-121
04909 Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Salamanca Diario S-121
04988 Salamanca Madrid - Chamartín - Clara Campoamor Só Sábados e Domingos S-121
05597 Albacete - Los Llanos Madrid - Puerta de Atocha Diario S-730
05676 Madrid - Puerta de Atocha Albacete - Los Llanos Diario S-730

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar