Altímetro
Un altímetro é un instrumento de medida que indica a altitude dun obxecto sobre un nivel de referencia.[1] Habitualmente utilízase para coñecer a altura sobre o nivel do mar e é fundamental na aviación. Tamén se utiliza en deportes como a escalada, o paracaidismo ou o ciclismo.
Altímetro barométrico
editarÉ o máis común de todos. O seu funcionamento baséase na relación entre presión atmosférica e altitude. A presión atomósférica diminúe coa altura, aproximadamente 1 milibar por cada 27 pes (8,23 metros) de altura preto do nivel do mar. Os altímetros están calibrados para mostrar a presión directamente como altitude de acordo cun modelo matemático definido pola Atmosfera Padrón Internacional. O funcionamento dos altímetros está condicionado polos cambios meteorolóxicos, o que obriga a modificar manualmente a presión de referencia.
Teñen que estar situados no exterior do vehículo, xa que a presión no interior é moi diferente da exterior. A medida da presión atmosférica é lenta, polo que os altímetros tardan en dar a altitude se se produce un ascenso ou un descenso moi brusco.
A fórmula para calibrar un altímetro (até 36.090 pés) é a seguinte:
Onde h indica a altitude en pés, é a presión estática e é a presión de referencia.
Altímetro radioeléctrico
editarEstes aparellos son pequenos radares que miden a altitude con máis exactitude utilizando o tempo que lle leva a un sinal de radio reflectirse na superficie e retornar ao altímetro. As aeronaves comercias utilizan este tipo de altímetro.
Usos científicos
editarMoitos satélites empregan altímetros radioeléctricos duais para medir a altura desde unha nave espacial. Esa medida, comparada con outros elementos orbitais (talvez información GPS) permiten a determinación da topografía. As dúas lonxitudes de ondas de radio permiten que o altímetro corrixa automaticamente as demoras que se producen na ionosfera.
A información de altitude sobre a auga fornecida polos satélites tense mostrado moi útil. As elevacións da auga indican concentracións gravitacionais, que permiten reconstruír un mapa de riscos submarinos, tales como montañas. Os altímetros poden medir tamén as alturas das ondas do mar, a dirección das ondas e o espectro das ondas. Esta información permite descubrir a velocidade das correntes oceánicas e producir mapas detallados da velocidade e dirección do vento na superficie, mesmo en condicións tormentosas.
Véxase tamén
editar- ↑ A Dictionary of Aviation, David W. Wragg. ISBN 10: 0850451639 / ISBN 13: 9780850451634, 1st Edition Published by Osprey, 1973 / Published by Frederick Fell, Inc., NY, 1974 (1st American Edition.)