Os Alpes Dináricos (Alpi Dinariche, en italiano; Dinaridi ou Dinarsko gorje en croata e serbio) son unha cordilleira situada na Europa meridional que abrange partes de Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Serbia Montenegro e Albania.

Modelo:Xeografía físicaAlpes Dináricos
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
EpónimoDinara Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaBalcáns Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaBalcáns Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSueste de Europa Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°N 19°L / 43, 19
Características
Altitude2.694 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións200 (ancho) × 645 (lonxitude) km
Punto máis altoMaja e Jezercit (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.694 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaSerbia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Eslovenia, Montenegro, Albania e Kosovo Editar o valor en Wikidata
Material usadorocha sedimentaria
Carbonato de calcio
Calcaria Editar o valor en Wikidata
Superficie175.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoMesozoico Editar o valor en Wikidata

A cordilleira esténdese ó longo de 645 km pola costa do mar Adriático, no sentido noroeste-sueste, dende os Alpes Xulianos (noroeste) ata o macizo Šar-Korab, onde pasa ó sentido norte-sur. A maior elevación dos Alpes Dináricos é o monte Prokletije, na fronteira do Montenegro oriental coa Albania setentrional, co cume a 2.692 m, chamado Lago Cimo (Maja Jezerce en albanés, Jezerski vrh en serbio).

Os Alpes Dináricos constitúen a área máis accidentada e montañosa de Europa, exceptuando ós Alpes suízos. Están formados esencialmente de rocha sedimentaria, secundarias e terciarias de dolomita, calcario, arenito e conglomerados formados polos mares e lagos que cubrían a rexión no pasado.