Alla Pugacheva
Alla Borisovna Pugacheva (ruso: Алла Борисовна Пугачёва), nada en Moscova (Unión Soviética) o 15 de abril de 1949 é unha cantante rusa que vendeu máis de 250 millóns de álbums, o que a converten nunha das cantantes que vendeu máis discos en solitario da historia. Foi recoñecida como artista distinguida da RSFSR en 1980, Artista do Pobo da RSFSR en 1985 e Artista do Pobo da URSS en 1991. Logo da descomposición da URSS a súa popularidade non decaeu e obtivo o sobrenome de "diva emblema" da Federación Rusa e unha medalla de honor en 1994 das mans do presidente Boris Eltsin. En 2009 obtivo do presidente Dmitrii Medvedev a Orde do Mérito pola Patria de III clase, unha das máis altas condecoracións a civís en Rusia.
As súas cancións caracterízanse polas súas melodías artísticas, a lírica enxeñosa e a súa presenza vocal, case teatral. Traballou tamén no cinema e no teatro.
Traxectoria
editarComezou a súa carrira en 1965 e dende entón obtivo numerosos premios musicais. En 1978 gañou o Festival Internacional da Canción de Sopot, coa canción Vsio mógut korolí.
En 1986, pouco despois do accidente de Chernóbil, trasladouse a Pripyat e ofreceu un concerto gratuíto aos "liquidadores" que traballaban para controlar os efectos da catástrofe. En 1997 representou a Rusia no Festival de Eurovisión coa canción Prima Donna.
Pugacheva caracterízase tamén por axudar os novos talentos a acadar a fama, como fixo co grupo Nautilus Pompilius e con Viacheslav Butusov.
Aínda que case todas as súas cancións as interpreta en ruso e ela mesma se recoñece como cantante para esta lingua, en 1985 gravou un disco que se coñeceu como Watch Out.
Discografía
editarA súa discografía componse de máis de 30 discos.
Álbums orixinais en solitario
editarAno (P) | Número | Título orixinal | Título en inglés | Formato | Compañía, país |
---|---|---|---|---|---|
1976 | Золотой Орфей 76 | Golden Orpheus 76 | LP en directo | Balkanton, Bulgaria | |
1977 | C60 09799-2 | Зеркало души | The Mirror of the Soul* | Dobre LP | Melodiya, URSS |
1979 | C60 11975-6 | Арлекино и другие | Harlequin and Other Songs* | LP | |
1980 | C60 14429-0 | Поднимись над суетой | Be Beyond a Fuss of Life* | LP | |
1980 | C60 14935-6 | То ли ещё будет | Something's Still to Come* | LP | |
1982 | C60 17663-6 | Как тревожен этот путь | How Disturbing Is This Way* | Dobre | |
1985 | C90 21357-8 | Ах, как хочется жить | Ah, How I Want to Live | LP | |
1985 | WRM LP01 | Watch Out | Watch Out | LP | World Record Music, Suecia |
1986 | C60 24717-8 | ...счастья в личной жизни! | ...and Happiness in Private Life* | LP | Melodiya, URSS |
1986 | C60 25059-0 | Пришла и говорю | I'm Here Talking to You* | LP | Melodiya, URSS |
1990 | SUCD 60 00122 | Алла | Alla | CD | Melodiya, URSS |
1991 | 10191-40191 | Рождественские встречи 1990 | Christmas meetings 1990 | 2LP | Russian disc, URSS |
1992 | STEREO R60 00887 | Рождественские встречи 1991 | Christmas meetings 1991 | 2LP | Russian disc, Russia |
1995 | SZCD0475 | Не делайте мне больно, господа! | Don't Hurt Me, Gentlemen | CD | Soyuz, Russia |
1998 | Ex 98073 | Да! | Yes! | CD | Extraphone, Russia |
2001 | АБП 0037 | Речной трамвайчик | River Tram | CD | Alla, Russia |
2002 | АБП 0038 | А был ли мальчик | Was There a Boy? | CD | Alla, Russia |
2003 | АБП 0055,
МТ 702909-288-1 |
Живи спокойно, страна! | Live Peacefully, My Country! | CD | Alla & Monolit, Russia |
2008 | АБП 0055,
МТ 702909-288-1 |
Приглашение на закат | Invitation to a Sunset | CD | Alla |
* Título oficial en inglés.