Alfons Sala
político e empresario catalán
Alfons Sala i Argemí, nado en Terrasa o 16 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 11 de abril de 1945, foi un político catalán.
Traxectoria
editarMembro do Partido Liberal, foi deputado provincial por Barcelona (1888-1893), deputado en Cortes entre 1893 e 1922. En 1919 fundou a Unión Monárquica Nacional que apoiou a ditadura de Primo de Rivera. Nomeado presidente da Mancomunidade catalá en xaneiro de 1924 preparou o seu desmantelamento. En 1926 recibiu o título de conde de Egara. Apoiou a sublevación franquista contra a República Española.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |