Alejandra Silva
Alejandra María Silva García-Baquero, nada o 16 de febreiro de 1983 na Coruña, é unha empresaria, publicista e activista galega.[1]
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alejandra María Silva García-Baquero 16 de febreiro de 1983 (41 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | publicitario, política, empresaria |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Gere (2018–) |
Traxectoria
editarÉ a filla de Ignacio Silva e Paola García-Baquero. O seu pai é un empresario e antigo vicepresidente do Real Madrid Club de Fútbol. Cando tiña 4 anos, a súa familia mudouse a Madrid e Silva estudou no colexio Mater Salvatoris. Á idade de 15 anos, marchou a Dorset, no Reino Unido e posteriormente volveu a Madrid onde estudou publicidade e mercadotecnia. Após graduarse, comezou a traballar como bolseira nunha axencia de publicidade e en 2005 nunha empresa privada na industria da aviación.
En 2007, Silva promoveu unha iniciativa sen ánimo de lucro xunto coa modelo Karolína Kurková chamada "Beautiful Life Fund", para concienciar sobre a situación dos nenos refuxiados, sen fogar e vítimas da guerra arredor do mundo.
En 2010 participou na fundación do Real Madrid[2] creando ligas de fútbol como medio de integración de nenos desfavorecidos e promocionando o deporte e os seus valores nas comunidades africanas.
A través do seu interese nas organizacións sen ánimo de lucro, Silva coñeceu o actor estadounidense Richard Gere.[3] A súa relación gañou notoriedade na prensa escrita en xuño de 2015. En 2016, Alejandra Silva apoiou a fundación Rais para as persoas sen fogar.[4][5]
Notas
editar- ↑ Hernández Castellano, Nuria (10 de decembro de 2015). "Rica, discreta y comedida: así es la novia española de Richard Gere". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Fundación Real Madrid". 2010.
- ↑ "Richard Gere posa, por fin, junto a su novia española, Alejandra Silva". Elmundo.es. 24 de novembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ Hola.com (ed.). "Alejandra Silva and Richard Gere, united by their solidarity facet". Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Alejandra Silva se sincera: "Richard (Gere) y yo lo compartimos todo"". Consultado o 14 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandra Silva |