Alberto Ruiz-Gallardón

político español

Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1958, é un fiscal e político español, ministro de Xustiza entre o 22 de decembro de 2011 e a súa dimisión do 23 de setembro de 2014.

Modelo:BiografíaAlberto Ruiz-Gallardón

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez Editar o valor en Wikidata
11 de decembro de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Xustiza de España
22 de decembro de 2011 – 23 de setembro de 2014
← Francisco CaamañoRafael Catalá →
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

30 de novembro de 2011 – 24 de setembro de 2014 – Valentina Martínez Ferro →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Alcalde de Madrid
14 de xuño de 2003 – 22 de decembro de 2011
← José María Álvarez del ManzanoManuel Cobo →
Deputado na Asemblea de Madrid
30 de xuño de 1999 – 1 de abril de 2003

Deputado na Asemblea de Madrid
22 de xuño de 1995 – 20 de abril de 1999

Presidente da Comunidade de Madrid
1995 – 2003
← Joaquín LeguinaEsperanza Aguirre →
Deputado na Asemblea de Madrid
20 de xuño de 1991 – 4 de abril de 1995

Senador de España
28 de xullo de 1987 – 4 de xullo de 1995
Deputado na Asemblea de Madrid
2 de xullo de 1987 – 2 de abril de 1991

Concelleiro de Madrid
23 de maio de 1983 – 30 de xuño de 1987
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentro de Estudios Universitarios (en) Traducir
Our Lady of Remembrance College (en) Traducir
instituto de educación secundaria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, fiscal Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–)
Alianza Popular (1977–1989) Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de marzo de 2018Manifesto pola Historia e a Liberdade Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé María Ruiz Gallardón Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Utrera Molina, sogro
Rafael Ruiz Gallardón, tío paterno
Víctor Ruiz Albéniz, avó paterno
Cécilia Attias, curmán ou curmá de terceiro grao
Trinidad Jiménez, second cousin once removed ascending
Carlos Jiménez Villarejo, first cousin twice removed ascending Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX937788 Dialnet: 746037

Inicios da traxectoria política

editar

Fillo do tamén político José María Ruiz-Gallardón, estudou o bacharelato nun colexio dos xesuítas e licenciouse en Dereito pola Universidade San Pablo CEU. Obtivo o segundo posto nas oposicións á fiscalía en 1979 e serviu como fiscal durante un breve período de tempo na Audiencia Provincial de Málaga, posto do que actualmente se atopa en situación de excedencia.

Afiliado a Alianza Popular dende os 18 anos, en 1983 foi elixido concelleiro de Madrid por esta formación. A súa traxectoria na oposición municipal caracterizouse pola súa actitude conservadora, que lle levou a denunciar a política cultural impulsada polo alcalde Enrique Tierno Galván, especialmente coa revista Madriz con motivo dunha historieta sobre o anterior Xefe do Estado[1].

En febreiro de 1986 pasou a formar parte da executiva de Alianza Popular no seu sétimo congreso, asumindo en setembro a Secretaría Xeral do partido en substitución de Jorge Verstrynge, ata o novo congreso de febreiro de 1987, no cal asumiu a vicepresidencia do partido. En xuño 1987 foi candidato de Alianza Popular á Presidencia da Comunidade de Madrid sendo derrotado polos socialistas, polo que pasou a encabezala oposición. A finais de 1988 renunciou á vicepresidencia do partido. En xuño de 1989 encabezou, sen éxito, unha moción de censura contra o presidente socialista da Comunidade Joaquín Leguina. En outubro de 1989 foi elixido senador. En abril de 1990, dirixiu a investigación dentro do partido das implicacións do Caso Naseiro[2]. En maio de 1991 foi novamente candidato á Presidencia da Comunidade de Madrid polo Partido Popular, logrando a vitoria por maioría simple, mais non logrou a presidencia tras apoiar IU a continuidade de Leguina como presidente polo que seguiu á fronte da oposición. En xuño de 1993 volveu a ser elixido senador e pasou a ser portavoz do grupo popular na cámara.

Presidente da Comunidade de Madrid

editar

En maio de 1995 volveu a ser candidato do PP á Presidencia madrileña e nesta ocasión gañou as eleccións con maioría absoluta, polo que en xuño foi investido novo Presidente e deixou o seu escano no Senado. En 1999 revalidou o cargo, novamente con maioría absoluta. A súa política á fronte da Comunidade caracterizouse polo diálogo cos sindicatos e patronal, de onde resultou a implantación das 35 horas na administración rexional. Ademais xestionou os traspasos de competencias desde a administración central en materia de sanidade e educación e fixo unha forte aposta pola ampliación do metro na capital.

Alcalde de Madrid

editar

En 2003, muda de escenario político a petición de José María Aznar e preséntase ás eleccións á alcadía de Madrid coa esposa de Aznar Ana Botella como número dous e converténdose en alcalde ao obter a maioría absoluta fronte á socialista Trinidad Jiménez e á candidata de Izquierda Unida Inés Sabanés.

En 2004, foi o único membro do Partido Popular que interveu publicamente no Congreso facendo autocrítica dalgúns dos fallos cometidos polo seu partido no goberno da nación, sen mencionalos expresamente. Posteriormente, intentou sen éxito lanzar a candidatura do vicealcalde de Madrid Manuel Cobo á presidencia do Partido Popular de Madrid fronte a Esperanza Aguirre. Manuel Cobo foi un estreito colaborador seu desde os anos en que era presidente da Comunidade de Madrid. O enfrontamento entre o seu sector e o de Esperanza Aguirre, naquela altura xa presidenta da Comunidade, sería constante a partir de entón.

Destaca do seu labor á fronte da alcaldía o proxecto Madrid Calle 30 consistente na remodelación da autoestrada M-30, que circunvala a cidade; incluíndo o seu soterramento no tramo no que o seu trazado coincide coa canle do río Manzanares. A obra durou 22 meses e viuse afectada polas polémicas das molestias que causaban as obras e polo arrincado de árbores. Outra polémica na que se envolveu Ruiz-Gallardón foi a instalación de parquímetros en Madrid. Promoveu a candidatura olímpica de Madrid para organizar os Xogos Olímpicos de 2016 (a candidatura para 2012, lanzada por José María Álvarez del Manzano, perdera fronte a Londres). Mantivo xestos que o aproximaron dunha posición centrista, como oficiar un matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou como escribir un artigo laudatorio na morte de Jesús de Polanco, presidente do grupo PRISA, que lle provocaron a inimizade dos sectores máis conservadores do Partido Popular.

Nas eleccións municipais de 2007, Ruiz-Gallardón revalidaría a maioría absoluta na alcaldía fronte ao candidato do PSOE, Miguel Sebastián e o representante de Izquierda Unida Ángel Pérez.

Gallardón pediulle publicamente a Mariano Rajoy a súa inclusión nas listas electorais nos comicios xerais de 2008, nas listas de Madrid. Ocupar un escano de deputado non xeraría incompatibilidade legal co seu cargo de alcalde, reforzando a súa posición dentro do Partido Popular. O sector de Aguirre opúxose duramente e pediu a inclusión desta na candidatura (o cal supoñía incompatiblidade co seu cargo de presidenta). Finalmente Rajoy optou por non incluír a ningún dos dous nas listas, co que anunciou a posibilidade de abandonala política en marzo de 2008[3], se ben finalmente continuou como rexedor da capital.

En maio de 2011 revalidou novamente a alcaldía de Madrid por maioría absoluta.

Ministro de Xustiza

editar

Nas Eleccións Xerais de novembro 2011 foi incluído na candidatura do PP ao Congreso dos Deputados e logrou escano. Trala vitoria do seu partido por maioría absoluta, e a consecuente elección de Mariano Rajoy como Presidente do Goberno, foi nomeado Ministro de Xustiza. Desta forma renunciou como alcalde de Madrid.

A súa xestión á fronte do Ministerio foi polémica por medidas consideradas pola opinión pública como moi conservadoras como a imposición de taxas xudiciais. O culme desta situación douse coa presentación dunha nova Lei do Aborto moito máis restrictiva que a inicial de 1985. O rexeitamento de distintos colectivos, os grupos da oposición e incluso membros do seu partido e do goberno, supuxo que se retirara o borrador da lei e que presentase a súa dimisión como ministro e deputado en setembro de 2014.

Trala súa retirada da primeira liña política dirixe xunta a un dos seus fillos o seu propio despacho de avogados.


Predecesor:
Francisco Caamaño
  
Ministro de Xustiza de España
 
2011 - 2014
Sucesor:
Rafael Catalá
Predecesor:
Joaquín Leguina
  
Presidente da Comunidade de Madrid
 
1995 - 2003
Sucesor:
Esperanza Aguirre
Predecesor:
José María Álvarez del Manzano
  
Alcalde de Madrid
 
2003 - 2011
Sucesor:
Ana Botella

Persoal

editar

Alberto Ruiz-Gallardón está casado con María del Mar Utrera (filla do exministro franquista José María Utrera) e ten catro fillos (Alberto, José, Ignacio e Rodrigo). É católico practicante[4] e membro da Fundación Internacional Raoul Wallenberg, unha organización non gobernamental que promove a paz e o entendemento entre culturas.

  1. Felipe Hernández Cava. Apuntes para a historia dun cómic subvencionado. Neuróptica. Zaragoza, 1988. páxina 56
  2. O "caso Naseiro", ABC, 21.5.1990,
  3. "Rajoy excluye a Gallardón de las listas y el alcalde decide abandonar la política", El País, 16 de xaneiro de 2008 (en castelán).
  4. http://www.publispain.com/revista/biografia-de-alberto-ruiz-gallardon.htm Arquivado 23 de maio de 2007 en Wayback Machine. Biografía de Alberto Ruiz Gallardón

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.