Alberto Pazos Couñago
político español
Jose Alberto Pazos Couñago, nado en Redondela en 1972, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 (51/52 anos) Redondela, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e pola Universidade Centro Europeo de Estudios Superiores. Máster en Asesoría Xurídica de Empresas. Foi elixido concelleiro do PPdeG en Redondela en 2007 e deputado provincial (2011-2012). Nas eleccións autonómicas de 2012 foi elixido deputado do PPdeG pola provincia de Pontevedra. En decembro de 2013 foi nomeado director xeral da Administración local substituíndo a Norberto Uzal[1].
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[2]
Notas
editar- ↑ Alberto Pazos releva a Uzal como director de Administración Local de la Xunta La Opinión, 5-12-2013.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 19 de xuño de 2013 en Wayback Machine.