Albert Ventura
Albert Ventura Pedreño, nado o 7 de abril de 1992 en Badalona, é un xogador español de baloncesto internacional profesional. Formado nas categorías inferiores do Joventut Badalona, actualmente xoga para o HLA Alicante da Liga LEB.[1] Cunha altura de 1,92 m, xoga na posición de escolta.[2] É o terceiro xogador do Joventut con máis partidos disputados na ACB despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (ca) Albert Ventura Pedreño 7 de abril de 1992 (32 anos) Badalona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,91 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNado en Badalona, Albert Ventura comezou xogando no colexio AE Minguella. Nun partido contra o Joventut, o principal equipo da súa cidade natal, o equipo fixouse nel e fichouno para ás súas categorías inferiores. Despois de xogar no CB Prat, filial do primeiro equipo, en LEB Prata, debuta na Liga ACB o 27 de marzo de 2011 ante o Meridiano Alicante.[3] No ano 2012 sube definitivamente ao primeiro equipo, onde acaba por converterse no capitán e no terceiro xogador do club con máis xogos disputados despois de Rafa Jofresa e Jordi Villacampa. O 25 de xullo de 2023, despois de trece temporadas no club catalán, anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán.[1]
Clubs
editarAo longo da súa carreira, Ventura ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]
- CB Prat (LEB Prata, 2010–2012)
- Joventut Badalona (ACB / Eurocup, 2011−2023)
- CB Breogán (ACB / BCL, 2022−presente)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Albert Ventura únese ao Río Breogán". CB Breogán. 25 de xullo de 2023. Consultado o 25 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Albert Ventura, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2023.
- ↑ "Robinson sella a un segundo del final la victoria del DKV Joventut (75-73)". acb.com (en castelán). 27 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en Proballers (en inglés)