Al Biruni

(Redirección desde «Al-Biruní»)

Abū 'r-Raihān Muhammad ibn Ahmad al-Bīrūnī (tamén Alberuni; en árabe: أبو الريحان البيروني; en persa: ابوریحان بیرونی) foi un matemático, astrónomo, físico, filósofo, astrólogo, viaxeiro, historiador e farmacéutico de finais do século X e primeira metade do XI; un dos intelectuais máis destacados do mundo islámico. Escribiu preto de 150 obras sobre historia, astronomía, astroloxía, matemáticas e farmacoloxía, das cales apenas sobreviviu unha quinta parte delas.

Modelo:BiografíaAl Biruni

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fa) ابوریحان محمد بن احمد البیرونی Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) محمد بن أحمد البِيرُونيِّ Editar o valor en Wikidata
4 de setembro de 973 Editar o valor en Wikidata
Kath (Império Samânida) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1048 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Gázni (Império Gaznévida) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRay
Gázni (pt) Traducir
Gorgan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam e Sunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, matemáticas, astronomía, ciencias naturais, historia, cronoloxía, obreiro, indologia (pt) Traducir, Ciencias da Terra, xeografía, filosofía, Cartografía, antropoloxía, astroloxía, química, medicina, psicoloxía, teoloxía, farmacoloxía, historia das relixións e Mineraloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, historiador, astrólogo, físico, lingüista, escritor, indólogo, farmacéutico, humanista, antropólogo, astrónomo, xeógrafo, químico, tradutor, polímata, cartógrafo, matemático, botánico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoIdade do Ouro islámica e Shi'a Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAbu Nasr Mansur (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Georgian Soviet Encyclopedia (en) Traducir, (vol:2, p.413)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1082729

Traxectoria

editar

Naceu o 15 de setembro de 973 en Kath (Khwarazm actual Uzbekistán, aínda que parte do Imperio persa naqueles tempos) e morreu en Gazni (no actual Afganistán), o 13 de decembro de 1048.

Foi discípulo e amigo de Abu Nasr Mansur e mantivo unha relación epistolar bastante intensa co filósofo e médico Avicena, así como co historiador, filósofo e moralista Ibn Miskawayh. Era capaz de falar varios idiomas, entre os que se contan o grego, o hebreo, o siríaco e o bérber, aínda que escribiu a súa obra en persa (a súa lingua materna) e árabe. Acompañou a Mahmud de Ghazni nas súas campañas militares na India, o que lle permitiu aprender sánscrito e prácrito e estudar a súa relixión e a súa filosofía, así como escribir as Ta'rikh al-Hind ("Crónicas da India").

Á idade de 17 anos foi capaz de calcular a latitude de Kath, grazas á altitude máxima acadada polo sol, e á idade de 22 xa escribira varias obras curtas sobre a ciencia da cartografía, que incluían un método para a proxección dun hemisferio nun plano. Á idade de 27 os seus escritos incluían temas como o estudo do paso do tempo (cronoloxía) e os astrolabios, o sistema decimal, a astroloxía e a historia. Tamén calculou o radio da esfera terrestre (non toda a humanidade pensaba entón que a terra fose plana) cun erro inferior ao 1% do seu valor medio actualmente aceptado; o mundo occidental non chegou a ter un resultado equivalente ata o século XVI.

 
Ilustración d unha eclipse lunar, de Al-Biruni

Fixo contribucións matemáticas en campos como:

  • A aritmética teórica e práctica.
  • A suma de series.
  • A análise combinatoria.
  • A regra de tres.
  • Os números irracionais.
  • A teoría das razóns (cocientes) numéricas.
  • Definicións alxébricas.
  • Os método de resolución de ecuacións alxébricas.
  • A xeometría.
  • Os teoremas de Arquimedes.
  • A trisección do ángulo.
  • Gnomónica.

Aínda que tamén estudou e reflexionou sobre outros temas, o que queda reflectido en obras como:

  • "A cronoloxía das nacións antigas" tamén coñecida como a Cronoloxía- obra temperá recopilatoria de diversos traballos de mocidade sobre astrolabios, astroloxía e historia.
  • "Un estudio crítico do quela India di, ben sexa racionalmente aceptado ou refutado" (en árabe تحقيق ما للهند من مقولة معقولة في العقل أم مرذولة) máis coñecida como India - compendio de filosofía e relixión hinduísta.
  • "Sobre os signos que permanecen dos séculos pasados" (en árabe الآثار الباقية عن القرون الخالية) - estudo comparativo dos calendarios de diferentes culturas e civilizacións, salpicado con reflexiones sobre as matemáticas así como cos feitos astronómicos e históricos.
  • "O canon Mas'udi" (en árabe القانون المسعودي) tamén chamado o Canon - libro sobre astronomía, xeografía e enxeñería; toma o seu nome de Mas'ud,fillo de Mahmud de Ghazni, a quen lle foi dedicado.
  • "O libro de instrución sobre os elementos da arte da astroloxía" (en árabe التفهيم لصناعة التنجيم) normalmente referido como Elementos de astroloxía- libro escrito en árabe e persa e que, en forma de preguntas e respostas, trata sobre as matemáticas e a astronomía.
  • "Farmacia" - sobre drogas e tratamentos medicinais.
  • "Xemas" (en árabe الجماهر في معرفة الجواهر) sobre xeoloxía, minerais e xemas; dedicado ao fillo de Mas'ud, Mawdud.
  • "O astrolabio"
  • "Biografías de Mahmud de Ghazni e do seu pai Sebük Tigin"
  • "Historia de Khawarazm"

Aínda que moitos pensan que tivo unha grande afección pola astroloxía, da lectura das súas obras despréndese que non cría tanto na ciencia como podería intuírse dos títulos das súas obras; antes ben, utilizouna como base para os seus estudos verdadeiramente científicos. Foi un verdadeiro devoto do islam, pero non mostraba prexuízos contra os practicantes doutras relixións ou prexuízos racistas.

Moitas das ideas de Al-Biruni derivaron dos debates que mantivo con académicos do seu tempo. Por exemplo, fixo importantes observacións sobre a natureza da luz e a calor que foron o resultado da súa longa correspondencia con Avicena. En realidade Al-Biruni non foi un grande innovador nin os seus escritos estaban cheos de teorías orixinais... as súas ideas están fundadas no método experimental e na observación. O seu don de linguas permitiulle ler de primeira man moitos tratados da época e a súa idea preclara do desenvolvemento evolutivo da ciencia convertéronlle nun grande enciclopedista e erudito.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.