Afonso de Brienne
Afonso de Brienne, chamado de Acre, nado en Acre sobre 1227 e finado o 25 de agosto de 1270 en Tunes, foi un nobre francés do Antigo Réxime, Gran chambelán de Francia, conde de Eu e vizconde de Cyrel[1].
Nome orixinal | (fr) Alphonse de Brienne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1227 Acre, Israel |
Morte | 25 de agosto de 1270 (Gregoriano) (42/43 anos) Tunes, Tunisia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Grand Chamberman of France (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Carreira militar | |
Conflito | Sétima Cruzada (pt) |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Brienne (pt) e House of Brienne (en) |
Cónxuxe | Marie of Lusignan, Countess of Eu |
Fillos | Raoul d'Eu, Blanche d'Eu, Margaret d'Eu, João I de Brienne, conde d'Eu, Isabeau de Brienne |
Pais | Xoán de Brienne e Berengária de Leão |
Irmáns | John II of Brienne Luís de Brienne Iolanda de Xerusalén María de Brienne |
Traxectoria
editarNado sobre 1227 de Xoán de Brienne, rei de Xerusalén, e de Berenguela de León[2], Afonso de Brienne casou sobre 1250 con María de Lusignan, filla de Raúl II de Lusignan, señor de Issoudun, con quen tería dous nenos: Xoán II de Brienne (1250-1294), conde de Eu[3], e Branca de Brienne (falecida o 15 de xullo de 1309), abadesa de Maubuisson.
En 1265, foi en axuda do seu curmán Afonso X, rei de Castela, na súa loita contra os mouros do norte de África. Aí amosou moita valentía e defendeu con éxito os territorios cristiáns, o que valeu unha mensaxe de felicitación do papa Clemente IV[4].
Acompañou logo a Lois IX de Francia durante a Oitava Cruzada, contraendo, do mesmo xeito que o rei, a disentería (ou a febre tifoidea), e morreu o 25 de agosto de 1270.
O seu corpo foi levado a Francia, onde foi enterrado na basílica de Saint-Denis.
Notas
editar- ↑ Durante a Oitava Cruzada.
- ↑ M. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, (The Boydell Press, 2015), 145.
- ↑ M. A. Pollock, Scotland, England and France After the Loss of Normandy, 1204-1296, 252.
- ↑ Louis-Sébastien Le Nain de Tillemont, Vie de Saint Louis, Roi de France, 1848.