Aeroporto de Dunedin
O aeroporto internacional de Dunedin (IATA: DUD, OACI: NZDN), coñecido tamén como aeroporto de Momona, é un aeroporto na rexión de Otago da Illa Sur de Nova Zelandia que serve á cidade de Dunedin e ás rexións de Otago e Southland. O aeroporto de Dunedin é un dos dous aeroporto internacionais en Otago, sendo o outro o de Queenstown. Está situado ao lado da vila de Momona, a 22 quilómetros ao sueste de Dunedin. Trátase do sexto aeroporto máis concorrido do país en número de pasaxeiros, con 909 614 no ano 2016.[1]
Aeroporto de Dunedin Dunedin Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Dunedin International Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Dunedin | ||
Localización | Momona | ||
Elevación (msnm) | 1,2 metros / 4 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 1 900 | 6 234 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 909 614[1] |
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Air New Zealand | Auckland, Christchurch, Wellington |
Jetstar Airways | Auckland, Wellington[2] |
Virgin Australia | Brisbane |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dunedin Airport (ed.). "2016 results". Consultado o 20 de abril de 2018.
- ↑ Otago Daily Times (ed.). "Jetstar adds Dunedin-Wellington service". Consultado o 20 de abril de 2018.