Aeroporto José María Córdova
O aeroporto internacional José María Córdova (IATA: MDE, OACI: SKRG) é o segundo aeroporto máis grande de Colombia despois do aeroporto El Dorado de Bogotá en termos de infraestrutura e servizos. Está situado na cidade de Rionegro, a 45 minutos de Medellín.
Aeroporto José María Córdova Aeropuerto Internacional José María Córdova
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | AirPlan | ||
Cidade/Illa | Medellín | ||
Localización | Rionegro | ||
Elevación (msnm) | 2 142 metros / 7 027 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01/19 | 3 557 | 11 483 | pavimento |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 7 567 624[1] |
É o principal centro de conexións para a aeroliña de baixo custo Viva Colombia. Ten voos internacionais cara Estados Unidos, Panamá, Costa Rica, O Salvador, Venezuela, Ecuador, Perú, México, Curaçao e España. Opera ademais voos domésticos á meirande parte das grandes cidades colombianas, como Bogotá, Cali, Barranquilla, Cartaxena, Santa Marta e a illa San Andrés. Tamén é un aeroporto importante para o tráfico de mercadorías, proporcionando transporte aéreo a moitos dos exportadores de flores do leste de Antioquia cara toda América e Europa.
Dende a súa inauguración en 1985 ata o ano 1990 a terminal tivo un gran movemento de carga e pasaxeiros, en gran parte debido ao peche do aeroporto Olaya Herrera, situado no centro de Medellín, durante ese tempo. Cando volveu a abrir o seu tráfico reducíuse. Poreén, dende o ano 1993 o tráfico incrementouse a un ritmo estable e tamén houbo un aumento no número de aeroliñas que operan no aeroporto, como American Airlines, LATAM, TACA ou Aerogal.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarNotas
editar- ↑ Airplan (ed.). "Airplan en cifras". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.