Adibah Amin

escritora malaisiana


Khalidah Adibah binti Amin[1], nada en Johor Bahru o 19 de febreiro de 1936, é unha escritora, columnista, docente e actriz malaisiana.[2][3]

Modelo:BiografíaAdibah Amin

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Johor Bahru, Malaisia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversiti Malaya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora, mestra, actriz, novelista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioSri Delima Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0024902 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla máis vella de Ibu Zain, un editor de revistas, e de Tan Sri Zainon Sulaiman, quen loitou pola independencia de Malaisia a través de Tunku Abdul Rahman. Estudou Literatura inglesa na Universidade de Malaia, licenciándose en 1957. Desde 1958 traballou como profesora, e en 1970 pasou a dirixir a Sekolah Menengah Sri Puteri, en Kuala Lumpur.[2]

Nas décadas de 1970 e 1980 colaborou como columnista no New Straits Times, co pseudónimo de Sri Delima. As columnas foron reeditadas en forma de libro en 2009.[4] Escribiu tres novelas en lingua malaia, e unha novela en lingua inglesa.

  • Bangsawan Tulen
  • Seroja Masih di Kolam (1968)
  • Tempat Jatuh Lagi Dikenang (1983)
  • This End of the Rainbow (2006)[5]

Tamén escribiu obras de teatro radiofónico e contos.[4]

  1. Este é un nome malaio; o nome Amin é un patronímico, non un apelido de familia, e a persoa debe ser referida polo nome dado, Khalidah Adibah.
  2. 2,0 2,1 "From Zero to Hero" (en inglés). This End of the Rainbow. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  3. "Amin, Adibah (1936–)" (en inglés). Encyclopedia.com. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "As I was Passing by Adibah Amin" (en inglés). Taylor's Library. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  5. Amin, Adibah (2006). This End of the Rainbow: A Novel. Phoenix Press. ISBN 978-983-42627-6-1.