Acueduto de les Ferreres
O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.
Tipo | acueduto romano ponte | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 27 () × 217 () m | |||
Material usado | pedra | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 0,4 ha zona de protección: 71,5 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-009 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 3 de abril de 1905 | |||
Identificador | RI-51-0000087 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Data | 3 de abril de 1905 | |||
Codi BCIN | 220-MH | |||
Codi BIC | RI-51-0000087 | |||
Id. IPAC | 242 | |||
Id. IPAPC | 4326 | |||
Historia
editarO acueduto foi construído no século I a.C. por Augusto e fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis que abarcaba, na súa época de máximo esplendor, dúas terceiras partes da Península Ibérica (incluíndo nalgunhas épocas á Gallaecia). Utilizouse até ben entrado o século XVIII.
Características
editarSituado a 4 quilómetros ao norte da cidade. Mide 217 metros de longo e 27 metros de altura máxima. Ten dous niveis con arcos superpostos e construído en obra de perpiaños unidos en seco. Distan 40 centímetros de desnivel desde a súa parte norte á parte sur, o que facilitaba o discorrer da auga até a vila.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acueduto de les Ferreres |