Activo financeiro

Activo financeiro é un título ou sinxelamente unha anotación contable, pola que o comprador do título adquire o dereito a recibir un ingreso futuro de parte do vendedor.[1]

Os activos financeiros son emitidos polas unidades económicas de gasto e constitúen un medio de manter riqueza para quen os posúen e un pasivo para quen os xeran. A diferenza dos activos reais, non contribúen a incrementar a riqueza xeral dun país, xa que non se contabilizan no Produto interior bruto dun país, pero si contribúen e facilitan a mobilización dos recursos reais da economía, contribuíndo ó crecemento real da riqueza.[1]

O empréstito que realiza un aforrador a unha empresa é un activo financeiro, neste caso a empresa é a vendedora do activo e o aforrador, o comprador que espera recibir unha corrente de ingresos no futuro. Entre as principais categorías de activos financeiros atópanse os empréstitos, as accións, os bonos e os depósitos bancarios.

Mercados financeiros

editar

Os activos financeiros son creados no chamado mercado financeiro primario. Neste mercado, os activos transmítense directamente polo seu emisor: unidade económica que precisa recursos financeiros. Os compradores son unidades económicas con superávit. No mercado secundario só se intercambian activos financeiros xa existentes, emitidos nun momento anterior. Este mercado facilita ós posuidores de activos financeiros a súa compravenda.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cuervo, Alvaro (2008). Manual del sistema financiero español. Ariel. ISBN 9788434445536. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.