O aceite de noz, ou de croucho, é un aceite extraído das noces da nogueira común (especie Juglans regia).

Aceite de noces de California.

É un aceite comestible pero bastante caro, ten unha leve cor e un cheiro e sabor delicado. Xeralmente non se utiliza para fritir porque perde parte das súas propiedades distintivas. Adóitase utilizar en pratos fríos e en salsas para ensaladas. Ten propiedades antioxidantes. A maioría deste aceite prodúcese en Francia, pero tamén se fai en Australia, Nova Zelandia e California.

O aceite de noces é unha boa fonte dos ácidos graxos esenciais Omega-3.

Na arte

editar
 
Unha cunca de aceite de noz.

Durante o Renacemento este aceite usábase nas pinturas artísticas xa que se seca rapidamente e ademais permitía limpar os pinceis. Con todo o aceite de liño daba un mellor acabado á preparación das teas.

Tamén se utiliza no traballo da madeira que estea en contacto cos alimentos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar