Accidentes nucleares de Fukushima I
Os accidentes nucleares de Fukushima I comprenden unha serie de explosións nos edificios que albergan os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración ou liberación de radiación á atmosfera, rexistrados nas instalacións da central nuclear de Fukushima I, que está localizado nos concellos de Ōkuma e de Futaba no distrito de Futaba na prefectura de Fukushima, a consecuencia dos danos ocasionados polo terremoto, e posterior tsunami, que afectou o nordés do Xapón o 11 de marzo de 2011.
Causas
editarHai evidencias dunha fusión parcial do núcleo nos reactores 1, 2 e 3; producíronse explosións que destruíron o revestimento superior de hidróxeno dos edificios de aloxamento dos reactores 1, 3 e 4; unha explosión damnificou o confinamento dentro do reactor 2; e múltiplos incendios producíronse no reactor 4. Alén diso, as barras de combustíbel almacenado en piscinas de combustíbel irradiado das unidades 1-4 comezaron a sobrequentar os niveis de auga nas piscinas abandonadas.
Os traballadores da fábrica sufriron exposición á radiación e foron temporalmente evacuados en varios momentos. O 11 de abril de 2011 as autoridades xaponesas designaron a magnitude do perigo nos reactores 1, 2 e 3 no nivel 7, considerando que a escala vai do 1 ao 7 na Escala Internacional de Accidentes Nucleares (INES).[1] A enerxía foi restaurada para partes da central nuclear o 20 de marzo, mais máquinas damnificadas por inundacións, incendios e explosións permaneceron inoperantes.[2]
Notas
editar- ↑ 'Japan to Raise Alert Level of Nuclear Crisis'[Ligazón morta] BBC News online 18 March 2011.
- ↑ Stricken Reactors May Get Power Sunday, The Wall Street Journal, 19 de marzo de 2011.